Concello da Coruña

Concello da Coruña

Falando a boca chea 2022 : Oswaldo Digón

Esta é unha comedia de contos baseado en feitos irreais.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

27/04/2022

* Inicio de vendas luns 21 de marzo ás 10.00 h

Xa rematou

Horario:

- Hora: 20.30 h

- Hora apertura de portas: 30 min antes da función

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Venda anticipada (ata ás 23.59 h do día anterior): 5,00€.

Venda no Despacho de billetes do Forum: 7,00€; e 6,00€ para +65 anos, persoas desempregadas e carné novo.

Requisitos:

Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles con COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que atopen en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.

Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto, realizándose o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.

En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:

· Usar máscara de forma obrigatoria

· Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.

· Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de espera, etc.

· Aplicación de solución hidroalcohólica en mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.

• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo / proxección debe facelo con entrada

- Unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala

RECOMÉNDASE:

Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

IMCE

Contacto:

forum@coruna.gal

Todos os personaxes que saen nas súas historias teñen o nome cambiado para que os podades identificar facilmente.

Poucos textos poden mellorar o que, para min, é o mellor chiste da historia:

"Dous borrachos están na barra dun bar e un dille ao outro: A túa cara sóame de algo.

Home... son o teu irmán

Non... doutra Movida!"

Esta é sensación que teño desde non hai moito tempo con isto que se denomina, "Nova Normalidade". É o mesmo peeeero... doutra forma, é OUTRA MOVIDA. A vida de todos segue igual pero distinta. A sensación é que todo é novo, que a consciencia social decatouse que nada é para sempre, e iso fainos actuar cunha presa esaxerada por vivir o presente, non vaia ser que todo se vaia ao cara**. Con esa intención vou falar nesta hora de espectáculo. Vou contar todo o que considero importante do que vivo, e do que vivín. Como un testamento de comedia desta nova normalidade, destoutra "Movida". A miña xeración, na que me inclúo por omisión, vivimos un cambio de século, unha pandemia, unha revolución tecnolóxica, un volcán, un Deportivo Campión de Liga e un Vigo sen luces de Nadal.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Fórum unicamente días de función desde unha hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes central Praza de Ourense: de luns a venres de 11: 00 h a 15:00 h e de 16:30 a 19:30 h (excepto festivos)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión