Concello da Coruña

Concello da Coruña

Falando a boca chea 2023: "A calor", de Celso Fernández Sanmartín

Dicía o meu avó Manuel: "Vale máis o que o sol deixa que o que a auga cría"

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

12/04/2023

Xa rematou

Horario:

- Hora: 20.30 h

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Entradas en venda anticipada (ata ás 23.59 h do día anterior): 5,00 €

Entradas o día do espectáculo: 7,00 €

(Carné Xove, maiores de 65 anos, persoas desempregadas: 6,00 € - imprescindible presentar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada e de acceder ao auditorio)

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.

• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida, excepto auga.

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o espectáculo sen a autorización da organización.

• Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

IMCE

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

El era labrador e sabía por experiencia do que falaba, porque se a experiencia contradicía o dito, o dito non resistiría o tempo. Ademais, a calor, en sentido figurado, tómase como imaxe cultural para entender o temperamento, o amor, e por ausencia a morte, e de volta a febre, a suor, a emigración á cidade, o móbil no peto, o recollemento na sesta, o baño, o letargo, e de novo a primavera. E por aí empezaremos, pola calor dunha vaca, do sol, do lume, dunha mazá asada con azucre, pola masa no forno quente, e sacar o pan, todas esas cousas que tantas veces nos contaron.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Fórum unicamente os días de función dende unha hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 h ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h (excepto festivos)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión