Concello da Coruña

Concello da Coruña

Falando a Boca Chea: contacontos con Marta Ortíz

Falando a Boca Chea é un festival de narración oral con narradores e narradoras galegos/as que comparten os seus relatos variados con espectáculos dirixidos a diferentes tipos de público.

A quen vai dirixido?:

Dirixido a nenos e nenas de 2 a 4 anos

A quen vai dirixido:

Infantil, Familias

Cando:

16/04/2026

Inscricións:

Dende o 09/04/2026 ata o 16/04/2026

Require inscrición

Horario:

De 18.00 a 19.00 h

Duración:

1 h.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Número de prazas:

30

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

O martes 16 de abril ás 18.00 h recibimos, na Biblioteca Fórum, a Marta Ortíz neste contacontos para nenos e nenas de 2 a 4 anos.

Casa, Casiña, Casona

Pum, pum! Quen é? Quen chama á miña casa, casiña, casona?

Imos visitar casas grandes, diminutas, casas que caben na man, casas-zapato, casas de fío, casas-maleta que viaxan polo mundo... Tamén imos coñecer aos seus habitantes: animais que falan, obxectos cotiás e máxicos, familias diversas e asombrosas...

A casa é o símbolo do colo amoroso que nos acolle nos primeiros anos de vida, o colo que nos arrola, abraza e protexe. A casa é o fogar, o centro do mundo na primeira infancia e está chea de portas e ventás que se abren ao mundo e que nos convidan a descubrilo. Cada quen ao seu ritmo, levada pola súa propia curiosidade.

Un espectáculo para primeira infancia e as súas familias baseado no asombro, a transmisión do amor a través da lingua galega e a palabra, dos primeiros cantos, xogos, cancións de dedos, trabalinguas, arrolos poemas... que forxan os cimentos da casa que construímos ao longo das nosas vidas.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión