THE DIALOGUE POLICE (Policía do diálogo), o documental do mes de febreiro
Para público en xeral
05/02/2026
Xoves ás 20:00 h
90 minutos
Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Prezo: 3,00 €
Descontos
Carné novo, maiores 65 anos, persoas desempregadas 2,00 €
** Para a aplicación dos descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de comprar a entrada e no acceso ao lugar de proxección.
NORMAS DE ACCESO Ao RECINTO
RECOMÉNDASE:
Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)
forummetropolitano@coruna.gal
Manifestacións. Queima de Coranes. Accións polo clima. No ollo do furacán atópase un grupo de policías suecos encargados de protexer o dereito á liberdade de expresión. Unha sociedade polarizada é a súa realidade cotiá. Un grupo variado de persoas con conviccións fortes, unidas polo humor e unha vocación común: defender a democracia co diálogo como arma.
Susanna Edwards traballa tanto no cinema de ficción como no documental. En 1996, gañou o premio sueco Guldbagge por Sunshadow, un documental sobre a toureira Cristina Sánchez. A película vendeuse a 35 países e gañou numerosos premios internacionais. No ano 2000, recibiu un nomeamento ao Guldbagge pola súa película Respect!, que segue a catro mozas adolescentes de Farsta, nos arredores de Estocolmo.Con The Dialogue Police, Susanna dá un paso máis na súa carreira, asumindo tanto a produción como a dirección - co apoio de coproductores e produtores executivos que son figuras destacadas do sector.
Un documental de Susanna Edwards
Suíza - Noruega - Dinamarca 2025
90 minutos - VO en sueco, inglés, turco, persa subtitulado español
VENDA DE LOCALIDADES
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible