Creación colectiva coa amizade como fondo e o feminismo como forma.
Para público en xeral
24/02/2022
Xa rematou
20.00 h
Entrada con invitación
Deputación Provincial da Coruña
Un Congreso Feminista na cidade de Vigo. Tres amigas da adolescencia que hai anos que non se ven.
Tres amigas que teñen tres maneiras moi distintas de entender o "feminismo"... Por exemplo: feminismo radical, feminismo liberal e teoría queer.
Este é o punto de partida da creación de Esther F. Carrodeguas, Noelia Blanco, Stephy Llaryora e Xavier Castiñeira. Unha peza teatral con altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a proba mentres analizamos -desde a comedia- de que maneira as mulleres estamos a convivir neste novo mundo feminista no que nos atopamos mergulladas. Unha maneira -tamén- de rirnos de nós mesmas, das nosas propias incongruencias e sobre todo do espazo que separa a teoría pura da práctica diaria. Un espazo -ademais- para reflexionar sobre a amizade e a súa complexa relación coa ideoloxía. En resumo: unha comedia negra... moi violeta.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible