Dobre concerto: Parabéns e Fiandola
Para todos os públicos
Para público en xeral
18/05/2023
Xa rematou
20.15 h (a esta hora pecha a porta de acceso)
* Ás 19.45 h abrirá a porta
2 h
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Como todas as actividades do programa Agra no Ágora, a entrade é de balde. Non fai falla reserva ningunha; as butacas ocúpanse por orde de chegada, ata completar a capacidade.
Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"
agra@galizacultura.gal
Nesta oitava edición do festival Ferrados de Letras, ademais das actuacións de Tradivivas Agra, colectivos veciñais de baile, canto e recitados da Asociación veciñal Agra, asistiremos ao dobre concerto dos grupos Parabéns e Fiandola.
Parabéns: naceu hai algo máis dez anos pola necesidade de cantar na nosa lingua, recollendo temas populares e achegando algúns propios.
Fiandola: é un grupo de música galega de base tradicional. O traballo deste grupo nace da transformación e interiorización da música de raíz de Galicia que se plasma nun modo particular de interpretar esta música e de compoñer novas melodías. Fiandola presenta un repertorio orientado ao baile e ao directo e que se nutre do traballo de campo desenvolvido polos membros do grupo, polos cancioneiros e arquivos dispoñibles e polo traballos de composición e arranxos que eles mesmos elaboran ou por melodías doutros compositores galegos.
Ferrados de Letras, como toda a programación Agra no Ágora, de colaboración entre a Asociación Veciñal Agra e o Concello da Coruña, ten a entrada libre e gratuíta.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible