Sen dúbida un dos máis brillantes e expresivos violinistas da súa xeración.
Para público en xeral
12/08/2015
Xa rematou
22.00 h
Praza de M.ª Pita . Praza Mª Pita s/n. 15001 A Coruña
Entrada libre ata completar capacidade.
Posuidor dun estilo propio, forxado a partir das súas orixes e ricas vivencias musicais, o seu violín álzase como unha das voces máis orixinais e innovadoras do panorama musical. Unha inesgotable inquietude musical e humana levaron a Ara Malikian a afondar nas súas propias raíces armenias e asimilar a música doutras culturas do Medio Oriente (árabe e xudía), Centro Europa (xitana e kletzmer), Arxentina (tango) e España (flamenco), todo iso dentro dunha linguaxe moi persoal co virtuosismo e a expresividade da gran tradición clásica europea.
Entidades
Actividades relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible