Concello da Coruña

Concello da Coruña

Festigual 2023

O Festigual volve á Coruña desde o 1 de novembro ao 3 de decembro cunha programación que promove o acceso á cultura para todas as persoas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 01/11/2023 ata o 03/12/2023

Xa rematou

Páxina web:

https://www.festigual.gal/

Organiza:

Concello da Coruña

Fundación EMALCSA

Documentos:

Programa Festigual 2023 (3 MB)

O Festival das Artes pola Inclusión presenta a súa edición máis completa e variada.

Teatro, música, danza, grafitis, exposicións, encontros.

Volve o Festigual, o festival de todas.

Un proxecto que cumpre 7 anos e que busca romper coas trabas que atopan moitas persoas á hora de consumir cultura.

Esta edición celébrase do 1 de novembro ao 3 de decembro, Día Mundial das Persoas con Discapacidade e resalta pola súa transversalidade temática e participativa no que se refire á creación cultural.

O peche do festival estará a cargo do recoñecido grupo de pandeireteiras PAN.SEN.FRON liderado por Xurxo Fernandes.

A programación, pensada para facilitar o acceso á cultura a calquera persoa independentemente das súas capacidades, vertébrase ao redor das pezas artísticas nas que traballan durante meses asociacións e profesionais.

O Festigual arrinca no Teatro Colón o 1 de novembro coa segunda edición de "Música baixo as estrelas", unha gala na que participan os artista de rúa da cidade.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión