Concello da Coruña

Concello da Coruña

Festival Falando a Boca Chea 2024

Falando a Boca Chea é un festival de narración oral con narradores e narradoras galegos/as que comparten os seus relatos variados con espectáculos dirixidos a diferentes tipos de público, que se realiza desde o 13 ata o 20 de abril de 2024.

A quen vai dirixido?:

Todos os públicos

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 13/04/2024 ata o 20/04/2024

Xa rematou

Horario:

Funcións na biblioteca infantil: 18.00 h

Funcións no vestíbulo: 19.00 h

Funcións no auditorio: 20.30 h

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo das entradas do auditorio:

- Venda anticipada (ata ás 23.59 h do día anterior): 5,00 €.

- Venda no despacho de billetes do Fórum (desde unha hora antes): 7,00 € e 6,00 € para +65 anos, persoas desempregadas e Carné Xove.

Venda de entradas anticipada a través da web https://ataquilla.com; no despacho central de billetes da praza de Ourense, de luns a venres (excepto festivos) das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h.

E no despacho de billetes do Fórum, unha hora antes de cada función (quedan entradas dispoñibles).

Os espectáculos gratuítos na Biblioteca Infantil, serán con inscrición previa a través da páxina web www.coruna.gal/bibliotecas

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.

• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida, excepto auga.

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante, nin ao finalizar o espectáculo, sen a autorización da organización.

• Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

Biblioteca Infantil (sesión para nenas e nenos de 2-4 anos), ás 18.00 h

  • Ramiro Neira, xoves 18 de abril
  • Pablo Díaz, venres 19 de abril

Entrada: gratuíta, logo da previa inscrición na web das Bibliotecas Municipais www.coruna.gal/bibliotecas

--------------------------------------------------------------------

Vestíbulo do Fórum Metropolitano, ás 19.00 h, para todos os públicos

  • Ángeles Goás, mércores 17 de abril
  • Charo Pita, xoves 18 de abril
  • Paula Carballeira, venres 19 de abril
  • Colectivo Amador: Cédoche a palabra, sábado 20 de abril

--------------------------------------------------------------------

Auditorio do Fórum Metropolitano, ás 20.30 h

  • Cándido Pazó, mércores 17 de abril
  • Soledad Felloza, xoves 18 de abril
  • Alexandre Sá, venres 19 de abril
  • Víctor Grande, sábado 20 de abril

Entradas: 5,00 € (Venda anticipada ata o día anterior á función ás 23.59 h)

O mesmo día da función: 7,00 € e 6,00 € con Carné Xove, +65 anos, persoas desempregadas.

--------------------------------------------------------------------

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión