Talleres, charlas... de música, pintura, fotografía, literatura e teatro.
Dende o 18/02/2013 ata o 23/02/2013
Xa rematou
-Martes 19
18.00 h. Taller de poesía.
Polisemias. Imparte un taller literario onde 15 persoas aprenderán poderán aprender ou perfeccionarán as técnicas da escritura de poesía.
Lugar: Estudio Polisemias. Rúa Nosa Señora do Rosario, 5. (Ao lado do Concello)
19.00 h. Teatro e danza.
Aula de Teatro Normal. Representarase, en primicia, un fragmento da peza teatral “A burla do galo” (en homenaxe a Roberto Vidal Bolaño) que a aula de Teatro Normal está a montar baixo a dirección de Rubén Ruibal.
Aula de Danza Normal. Representarase un fragmento da montaxe que este ano está a realizar a aula de Danza Normal baixo a dirección de Rut Balbís.
Lugar: Sala Normal. (Paseo Ronda, 47. Zona Estadio Riazor)
20.00 h. Compañía Ruiseñor. Representará a obra “Ideal” (Obra curta onde mostrarán a realidade de dúas miradas)
Lugar: Galería Arte e Imagen. (Rúa Ramón y Cajal, 5. Zona San Diego)
21.00 h. Noite de humor.
Obra curta da compañía U-lo “Como un susurro”
Monólogo de Igor Vizoso.
Lugar: Bâbâ Bar. (Rúa Perez Cepeda, 23. Zona San Diego)
-Mércores 20
18.00 h. Taller de Cinema Infantil.
Ludidáctica. Imparte un taller de cinema dedicado aos máis pequenos.
Lugar: Galería No Importa. (Rúa San Andrés, 46. Zona Centro)
20.00 h. Pintura en vivo con Tintica (Performance onde Tintica pintará en vivo ao ritmo da música do Dj Sergio Amaro).
Lugar: Galería 981. (Rúa Marqués de Pontejos. Próximo ao mercado de San Agustín)
-Xoves 21
18.00 h Taller “Do conto ao guión” (Parte II).
Polisemias. Imparte un taller literario onde 15 persoas, collendo do anterior taller o seu conto, aprenderán a guionizarlo para levalo ao cinema.
Lugar: Estudio Polisemias. Rúa Nosa Señora do Rosario, 5. (Ao lado do Concello)
20.30 h. Presentación do novo libro de Santiago Caneda. (Estará acompañado por poetisas e algunha que outra sorpresa)
Lugar: Galería Monty, 4. (Rúa Montroig. Próxima á rúa Orillamar)
-Venres 22
19.30 h. Charla “Unha mirada á cámara: intertextualidades na fotografía e o cinema”
As fotógrafas Carolina Martínez e Rocío Brage darannos unha visión da interrelación entre a fotografía e o cinema.
Lugar: No Importa. (Rúa San Andrés, 46)
20.00 h. Performance Musical e Pintura.
Acompañarannos o músico Miguel Melero e a pintora María Piensos para regalarnos unha velada inesquecible.
Lugar: Sala de arte Atlántica. (Rúa Novoa Santos, 13. Zona Preto do Fórum)
-Sábado 23
11.00 h. Talleres de Danza. Convídase o público a aprender a bailar en dous talleres consecutivos, salsa e funky.
Lugar: World Dance Center. Rúa Gutemberg, 44 (Polígono da Grela)
11.30 h. Exposición de Pintura “Espontáneos” (Convídase a todos os pintores que queiran engadirse a levar unha obra súa e expoñela na rúa).
Lugar: Praza Fronte ao Quiosco Alfonso. (Xardíns de Méndez Núñez)
13 h. Sesión Vermouth (Performance de pintura, poesía e música a cargo de Polisemias)
Lugar: Sala de arte Atlántica. (Rúa Novoa Santos, 13. Zona Preto do Fórum)
-Toda a semana
19.30 h. Performance de Working Progress de Laura Piñeiro (Performance onde Laura Piñeiro creará unha obra ao longo do festival).
Lugar: Galería Monty, 4. (Rúa Montroig. Próxima á rúa Orillamar).
Actividades relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible