Concello da Coruña

Concello da Coruña

GALACTOPIA

Con esta mostra pecho unha tetraloxía de exposicións que foron acollidas en varios espazos da Coruña nos últimos tres anos: Morfuturo, Libredón 2.0, Fascinosfera e a que agora presento na Casa Museo Casares Quiroga.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 06/03/2020 ata o 29/03/2020

Xa rematou

Inscricións:

Inauguración: venres, 6 de marzo ás 19:30 h

Enderezo:

Casa Museo Casares Quiroga. Rúa Panaderas 12. 15001 A Coruña

Prezo:

de balde

Unha vez máis achego á cidade herculina os meus alterentes, criaturas dun espazo-tempo alén da imaxinación, materia xeolóxica transmutada en ser vivente con trazos tanto humanos como alieníxenas ou, a miúdo, adoptando aparencia animal, nun estilo que rende tributo tanto a antigas civilizacións coma ao universo da ciencia ficción que tanto me influíu na miña nenez.

Como complemento á produción escultórica incorporo a esta mostra unha escolma da miña obra pictórica recente, na que asexa a presenza de seres híbridos humano-extraterrestre e figuras zoomórficas, retratados cun estilo fluído e heterodoxo que resalta a importancia do suxeito, revelándose entre o abraio e o desacougo como protagonistas dunha utopía cósmica que posiblemente só consigamos albiscar a través da imaxinación dos seres máis complexos que ten alumado o Universo, é dicir, nós.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión