Espectáculo onde se fusionan as artes, a música, as cantigas, o teatro, os contos, o clown, a manipulación de obxectos ou o claqué.
Familias
Familias
18/10/2019
Xa rematou
Dende o 14/10/2019 ata o 18/10/2019
A inscrición comezará ás 10.00 h. Para crianzas que teñan entre 1 e 3 anos, acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. Se por algún motivo non se puidese vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
17.00 horas
1 h aprox.
De balde e con inscrición previa
Gatuxo é unha metáfora do crecemento da infancia e do descubrimento do mundo dende unha perspectiva artística: Gatuxo é arquitecto dunha caixa, é músico na cociña, é pintor de garabatos, é bailarín de claqué, é cantante, é titiriteiro cos obxectos cos que salta e, por suposto, é o narrador da súa propia historia. Gatuxo é a semente da arte mesma.
Esta actividade desenvolverase no escenario do auditorio do Centro Ágora.
Organiza o Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible