Concello da Coruña

Concello da Coruña

Haganenet (A profesora de parvulario) de Nadav Lapid

Unha profesora descobre nun neno de cinco anos de idade un prodixioso don para a poesía. Abraiada e inspirada polo pequeno, decide protexer o seu talento, a pesar de todo o mundo.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 24/11/2022 ata o 26/11/2022

Xa rematou

Horario:

Xoves e venres ás 20.00 h

Sábado ás 17.30 e 20.00 h

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos

Carné Xove, + 65 anos ou persoas desempregadas 2,00 €

Sesión do espectador: sábados ás 17.30 h prezo único 1,50 €

Para a aplicación dos descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de comprar a entrada e no acceso ao lugar de proxección.

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

IMCE

Contacto:

forum@coruna.gal

Yoav, con só cinco anos, é un xenio da poesía. Nira, a súa mestra do xardín de infancia, queda abraiada polo talento do neno, pero tamén é consciente da contorna familiar, que non é a mellor para que Yoav desenvolva a súa creatividade: o pai é un home de negocios estulto e inimigo da profundidade, e a aia só se interesa pola poesía do neno se pode sacar algo a cambio. Nira acaba fixándose como obxectivo sacar ao neno desa contorna para non privar á humanidade da súa arte.

O cineasta israelí Nadav Lapid abre con esta película insólita un debate sobre as fronteiras éticas da creación artística, cun estilo sorprendente que fixo del un dos directores israelís máis importantes do momento. A película non parou de xerar ao seu redor un status de culto desde a súa proxección na Semana da Crítica do Festival de Cinema de Cannes e a súa estrea en Francia . A crítica cualificouno como un dos acontecementos cinéfilos do ano.

Con: Sarit Larry, Avi Shnaidman e Lior Raz.

Israel, 2014 - 120 min (VOS en castelán)

NON RECOMENDADA PARA MENORES DE 12 ANOS

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Fórum unicamente días de proxección desde media hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres de 11.00 h a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h (excepto festivos)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión