Concello da Coruña

Concello da Coruña

"Hope Gap", de William Nicholson

Protagonizada pola catro veces nomeada ao Óscar Annette Bening, "Hope Gap" é unha película tenra, divertida e sobre todo auténtica.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 09/09/2021 ata o 11/09/2021

Este evento xa rematou

Horario:

Xoves e venres: 20.00 h

Sábados: 17.30 e 20.00 h

Duración:

100 min

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos carné xove, + 65 anos e persoas desempregadas: 2,00 €

Sábado ás 17.30 h, sesión do espectador. Prezo único: 1,50 €

Para acceder aos descontos é obrigatorio presentar o documento que acredite o desconto no momento de adquirir a entrada no despacho de billetes ou no acceso ao recinto se se comprou en liña.

Televenda:

Corunacultura.sacatuentrada

Requisitos:

- Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que se atopen en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.

- Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto e realizarase o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.

- En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:

  • Usar máscara de forma obrigatoria.
  • Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.
  • Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de espera etc.
  • Aplicación de solución hidroalcohólica nas mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.

- Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada.

RECOMÉNDASE:

Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

IMCE

Contacto:

forum@coruna.gal

Grace e Edward estiveron casados durante trinta e tres anos. Cando o seu fillo Jamie chega á súa casa para visitalos na cidade costeira na que creceu, Edward dille que planea deixar a Grace ao día seguinte.

Ano: 2019

País: Reino Unido

Intérpretes. Annette Bening e Bill Nighy

Cualificación: non recomendada para menores de 7 anos

Proxección en BluRay

Proxección en VO inglés SE

VENDA DE ENTRADAS

Despacho de billetes da praza de Ourense: excepto festivos, de luns a xoves de 10.00 a 14.00 h e de 15.00 a 18.00 h // venres de 10.00 a 15.00 h

Despacho de billetes do Fórum Metropolitano: días de proxección desde media hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)

Venda telefónica: 662 867 109

Venda en liña: corunacultura.sacatuentrada.es

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión