A compañía La Tal volve a escena cun clown tenro e entrañable, que crea un universo propio e cunha escenografía de estética contundente. Un espectáculo familiar, sen palabras, recomendado a partir de 4 anos.
Para público en xeral
06/03/2021
Xa rematou
18.30 h
* Pídese puntualidade. Non se permitirá o acceso á sala unha vez comece a función.
55 minutos
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
6,00 € (abono 3, 3 entradas para a mesma función: 15,00 €) (menores de 3 anos: 2,00 €)
(Todo o que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo debe facelo con entrada)
IMCE
Quen lava as miles de sabas dos hoteis?
No último soto do ITALINO GRAND HOTEL está a lavandería. Alí, un personaxe solitario lava, pasa o ferro e perfuma a roupa. Vive só, soña entre sabas e esconde a soidade conversando coas máquinas e a súa propia sombra.
Espectáculo sen palabras
Público: + 4 anos
VENDA DE LOCALIDADES
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible