Concello da Coruña

Concello da Coruña

IZAL Xira "Hogar"

A xira "Hogar" de IZAL anuncia a súa parada na Coruña o próximo 14 de maio no Coliseum. A banda volve subir aos escenarios para presentar en directo o seu novo álbum "Hogar". A cita súmase ás oito cidades, xa anunciadas, polas que a banda levará o directo do seu novo disco.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

14/05/2022

Xa rematou

Horario:

21.00 h (apertura de portas ás 19.30 h)

Enderezo:

Coliseum. Rúa Francisco Pérez Carballo 2. 15008 A Coruña

Prezo:

Anticipada (ata as 23.59 h do día 13.05.2022):

Pista (de pé): 40,00 €

Tendido Baixo (sentado numerado): 45,00 €

Tendido Medio (sentado numerado): 35,00 €

Tendido Alto (sentado numerado): 28,00 €

Día do concerto:

Pista (de pé): 45,00 €

Tendido Baixo (sentado numerado): 50,00 € +

Tendido Medio (sentado numerado): 40,00 €

Tendido Alto (sentado numerado): 33,00 €

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

Atres Advertising SLU

  • A entrada deste concerto é nominal, persoal e intransferible. Non se admiten cambios de entradas, nin de titularidade delas, nin devolucións.
  • A persoa titular da entrada debe indicar o seu nome e apelidos, tal e como figuran no seu Documento Nacional de Identidade (DNI).
  • A persoa titular da entrada deberase identificar presentando o seu DNI xunto coa súa entrada no acceso ao recinto.

Hogar (Hook Ediciones Musicales, 2021) é un álbum para escoitar detidamente, que nos transporta aos fogares de cada un dos compoñentes, á súa parte máis íntima e persoal, nun dos traballos máis emocionais da banda ata o momento. Producido por IZAL, Brett Shaw (Foals, Florence and The Machine, Lady Gaga etc.) xunto a Sancho Gómez-Escolar, quen dedicou os últimos meses do 2020 a construír as doce pistas deste disco dacabalo entre as paisaxes da serra Tramontana en Mallorca, o frenesí do asfalto madrileño e a tenaz choiva londiniense. O Hogar de IZAL é un álbum de fotografías sonoras, historias cotiás feitas canción, contadas a través do relato, as letras, a fotografía e o vídeo. Hogar é un reflexo da vida, do cambio, da volatilidade e transformación. Unha metamorfose musical que evoluciona cara a novos sons, xogando con estilos e recursos que converten este disco nun dos seus traballos máis completos e reflexivos. Un exercicio orixinal onde a banda explora e derruba as barreiras da súa zona musical de confort. Letras espidas enmarcadas en novos terreos musicais conxúganse nesta viaxe da que somos partícipes e onde non se permite baixar a garda ante a verdade captada da forma máis crúa sen embelecer a realidade; e é que Hogar é un disco que se recomenda escoitar varias veces e que promete cambiar percepcións e xerar opinións.

Venda de entradas desde o 17 de febreiro de 2022 ás 12.00 h

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Coliseum: unicamente os días de concerto desde as 17:00 h
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 11.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 h.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión