Tirabeque Ka’avo presenta JoeJufy, The Hunter. Un espectáculo de teatro contemporáneo que profunda no mundo da moda en Occidente, facendo evidente a problemática das cadeas de produción, distribución, venda e consumo.
Para público en xeral
20/01/2023
Xa rematou
20.30 h
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Entrada: 9,00 €
Entradas a 7,00 € para persoas posuidoras de Carné Xove, maiores de 65 anos e persoas desempregadas.
*Os descontos aplicaranse logo da presentación previa do documento que acredite o desconto.
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.
• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida, excepto auga.
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o espectáculo sen a autorización da organización.
• Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
Anahí Taraburelli Díaz
forum@coruna.es
Un espectáculo cheo de simbolismos, desde o vestiario ata a escenografía, que logra unha estética limpa e cativadora como é caracterísitico no mundo da moda, todo isto arroupado pola elegante iluminación de Nacho Martín.
Nesta nova produción, baixo a dirección de Anahí Taraburelli apostan por unha linguaxe teatral que navega polo surrealismo posmodernista, reflectindo a nosa sociedade: creadora e vítima do liberalismo, que ten présa por chegar a ningún lado e consome egoísta e cegamente sen pensar nas consecuencias. Tres actores en escena representando conceptos e personaxes universais xogan coa danza, o texto, o xesto e os tecidos nun intento de romper coas lóxicas establecidas.
JoeJufy, The Hunter convídanos a viaxar por un mundo no que as ideas se transforman en corpos e obxectos, habitando a crúa realidade a través dunha traxicomedia baseada no movemento e a palabra.
Idea orixinal e dramaturxia: Anahí Taraburelli, Héctor Martínez, Julia Laport e Lucía Barcos
Con Héctor Martínez, Julia Laport, Lucía Barcos
Dirección: Anahí Taraburelli
VENDA DE ENTRADAS:
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible