Concello da Coruña

Concello da Coruña

"Les garçons et Guillaume, à table!", de Guillaume Gallienne

Unha película tan indescritible como divertida. Na liña do mellor Woody Allen e Billy Wilder en termos de audacia, creatividade e orixinalidade en forma e contido.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 23/09/2021 ata o 25/09/2021

Xa rematou

Horario:

Xoves e venres: 20.00 h

Sábados: 17.30 e 20.00 h

Duración:

85 min

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos carné xove, + 65 anos e persoas desempregadas: 2,00 €

Sábado ás 17.30 h, sesión do/a espectador/a. Prezo único: 1,50 €

Para acceder aos descontos é obrigatorio presentar o documento que acredite o desconto no momento de adquirir a entrada no despacho de billetes ou no acceso ao recinto se se comprou en liña.

Televenda:

Corunacultura.sacatuentrada

Requisitos:

- Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que se atopen en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada da COVID-19.

- Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto e realizarase o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.

- En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:

  • Usar máscara de forma obrigatoria.
  • Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.
  • Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de agarda etc.
  • Aplicación de solución hidroalcohólica nas mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.

- Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada.

RECOMÉNDASE:

Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

IMCE

Contacto:

forum@coruna.gal

A primeira lembranza que teño da miña nai é de cando tiña catro ou cinco anos: chamábanos aos meus dous irmáns e a min mesmo á mesa dicindo: "Guillaume e os mozos, á mesa!"» e a última vez que falei con ela por teléfono, colgou dicindo: "Cóidate, miña nena grande." E, ben, entre estes dous momentos houbo un bo número de malentendidos.

Ano: 2013

País: Francia

Intérpretes. Guillaume Gallienne, Françoise Fabian

Cualificación. Non recomendada para menores de 7 anos

Proxección en BluRay

Proxección en VOSE

Quincena de Realizadores de Cannes 2013: Premio Mellor Película segundo a Asociación Internacional de Exhibidores (CICAE) e Premio Mellor Película segundo a Asociación de Autores Franceses (SACD)

Premios César 2013: Mellor Película, Mellor Ópera Prima, Mellor Actor, Mellor Guión Adaptado e Mellor Montaxe

VENDA DE ENTRADAS

Despacho de billetes Fórum Metropolitano: desde media hora antes de cada proxección. (pagamentos en efectivo)

Venda en liña: non dispoñible

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión