Comisariada por Rosario Sarmiento
Para público en xeral
Dende o 25/03/2021 ata o 19/09/2021
Xa rematou
Martes a domingo
11:00 h - 15:00 h e de 17:00 h - 21:00 h
Pechado os luns e os días 24, 25 e 31 de decembro e 1 de xaneiro
info@fundacionluisseoane.gal
Descoñecida polo público e esquecida pola historia da arte, a figura de Lolita Díaz Baliño (A Coruña, 1905-1963) é representativa das dificultades ás que se tiñan que enfrontar as mulleres, aínda a comezos do século XX, á hora de desenvolver calquera tipo de actividade creativa. A calidade do seu traballo como ilustradora, debuxante e acuarelista obtería, sobre todo durante a etapa previa ao estalido da Guerra Civil, un recoñecemento que se traduciría nas súas numerosas colaboracións en diversas publicacións da época, e que a convertería nunha das primeiras mulleres en ingresar nunha academia de Belas Artes. A influencia do seu traballo transmitiríase ademais a outras artistas de xeracións posteriores, grazas ao labor docente que desenvolvería ata o seu falecemento en 1963.
Co obxectivo de reinvindicar a obra da artista e ofrecer unha perspectiva o máis ampla posible do seu traballo, a exposición Lolita Díaz Baliño. A realidade soñada mostrará ás público acuarelas, debuxos, colaxes, unha pequena selección de porcelanas e un apartado documental que inclúe catálogos de man, recortes de prensa, folletos, revistas, cartas, fotografías e dous retratos a lapis da artista realizados polo seu sobriño Isaac Díaz Pardo. Preto dun centenar de obras procedentes de institucións, pero sobre todo de coleccións particulares, que conforman na Fundación Luís Seoane a primeira mostra antolóxica dedicada á obra da ilustradora coruñesa, un proxecto comisariado pola crítica de arte e xestora cultural Rosario Sarmiento que posúe un forte carácter divulgativo, incidindo nos tres aspectos nos que se dividiu a súa traxectoria: artística, académica e docente.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible