Concello da Coruña

Concello da Coruña

"Los viajes de Gulliver", de Cruz Delgado

Corre o século XVII, Gulliver, mozo aventureiro, navega nunha das súas viaxes de exploración. Desencadéase unha forte tempestade e o seu navío afúndese.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

10/09/2022

Xa rematou

Horario:

sábado ás 17.30 h

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

A entrada a esta película será libre ata completar a capacidade da sala.

Consegue chegar a nado a unha illa que resulta ser Brodiñac, o país dos xigantes. Recólleo un pescador que o leva á súa casa onde coñece a súa filla Glundalich, unha nena da que se fai amigo. Con todo, o pescador decide vendelo nunha feira.

O éxito de Gulliver chega a oídos do príncipe Flinap que o leva a vivir a palacio. Isto esperta a envexa do bufón da corte que decide vingarse liberando un xigantesco gorila que pon en perigo a vida de Gulliver. Glumdalich decide axudarlle a Gulliver a escapar de Brodiñac a bordo dunha casa de bonecas que leva unha das súas pombas suxeita nas súas patas.

Finalmente, Gulliver é recollido por un veleiro no que regresa a Inglaterra.

Título orixinal: Los viajes de Gulliver

Ano: 1983

Duración: 82 min

País: España

Dirección: Cruz Delgado

Guión: Gustavo Alcalde

Novela: Jonathan Swift

Música: Antonio Areta

Planificación e storyboard: Javier G. Inaraja

Animación: Basilio González, M.ª Carmen Chenza, Pedro E. Delgado, Valentín Caín, Eduard Sasu, Bujor Estefanescu

Axudantes de animación: Pedro Jorge Gil, Marta de la Rosa, Manuel Doctor, Mariano Mendoza, Rafael Fernández

Deseño de decorados: Antonio Navarro

Fondos: Ángel S. Chicharro, Mauro Mistiano, José M.ª Zúmel

Cor personaxes: Carmen G. Sangrador, M.ª Isabel López, MartaVegue, M.ª Eugenia Herrera, M.ª Antonia Gabarrón

Cámara: José M.ª Sánchez

Música: Antonio Areta

Montaxe: José Luis Berlanga

Coordinación: Cruz Delgado Jr.

Produtora: Estudios Cruz Delgado

Xénero: Animación. Aventuras. Fantástico. Infantil

Cualificación: todos os públicos

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión