A Coruña vivirá o vindeiro sábado 17 de novembro ás 21:00 horas a súa noite máis remember grazas ao concerto Love the 90’s, que reunirá no Coliseum da Coruña a varios dos mellores artistas nacionais e internacionais do dance dos 90. A apertura de portas será ás 19:00 horas.
Para público en xeral
17/11/2018
Xa rematou
21:00 h
As entradas para o concerto LOVE THE 90's o vindeiro sábado 17 de novembro de 2018 ás 21:00 horas teñen un prezo desde 32 euros + gastos de xestión. O prezo pode variar en función da zona do recinto seleccionada.
Pista Premium de pé (s/n) - 80'00 € + gastos
Pista de pé (s/n) - 45'00 € + gastos
Tendido baixo (numerado) - 37'00 € + gastos
Tendido medio (numerado) - 35'00 € + gastos
Tendido alto (numerado) - 32'00 € + gastos
Todas aquelas persoas que accedan ao evento deben facelo con entrada.
POLÍTICA DE MENORES: Os/as menores de 16 anos teñen que asistir ao evento acompañados dunha persoa adulta responsable maior de idade e traer a correspondente autorización asinada que se pode descargar na seguinte ligazón: Descargar aquí.
Polo escenario de Love the 90's pasarán artistas nacionais e internacionais como Jenny Berggren de Ace of Base, Ice MC, Corona, Alexia, Wighfield, Nathalie from The Soundlovers, Paco Pil, Sensity World, Marian Dacal, Rebeca, Chimo Bayo e OBK, que lembrará os seus grandes hits convertendo o Coliseum por unha noite nunha gran discoteca.
Non faltarán tampouco dous dos grandes buques insignia do festival: o coñecido locutor Fernandisco, quen exercerá de presentador do concerto, e The Jumper Brothers, que serán os responsables da animación do mesmo co seu dj set.
Efectos visuais, un grande escenario... e moito baile
Love the 90's é un show deseñado para que o público non deixe de gozar e de bailar durante varias horas. Un escenario espectacular, efectos audiovisuais e de luces nunca vistos, coreografías e moitas outras sorpresas que fan do concerto toda unha experiencia.
VENDA DE LOCALIDADES
Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho do Coliseum: aberto só días de concerto desde as 17.00 h ata o inicio do concerto (só se hai localidades dispoñibles)
Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible