Concello da Coruña

Concello da Coruña

#LunsDeEncontros: Presentación/acción poética do libro "O mal do aire"

#LunsDeEncontros nace co obxectivo de lle ofrecer un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

01/12/2025

Xa rematou

Inscricións:

Acceso libre até completar a capacidade

Horario:

Das 19.00 ás 20.00 h

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

O luns 1 de decembro ás 19.00 h, na Biblioteca Fórum Metropolitano, temos a presentación/acción poética do libro "O mal do aire", a cargo de Maite Mosconi. A autora estará acompañada polo trompetista Wilson Ortega xunto á intérprete na lingua de signos Lola Corzo.

Organizado pola Asociación AÏS, coa colaboración da Deputación da Coruña.

Acceso libre até completar a capacidade.

Biografía:

Maite Mosconi (Galicia, 1985) escritora e Técnica cultural, publicou obras de fantasía celta (Gaedheal, Libro 1 de las invasiones), distopía (Helheim) e, xunto a Miriam Beizana, un libro para nenos e nenas (Guerreiras de lenda) baseada nas lendas populares de Galicia.

Agora, vén presentarnos O mal do aire, un poemario que, por medio da mitoloxía galega que sempre caracterizou a súa obra, nos relata a simboloxía do declive existencial desde unha crenza atávica.

A autora dá talleres como experta en escritura creativa, lendas e mitoloxía nos centros educativos de toda Galicia.

Sinopse:

A morte, o medo á morte, a morte na súa metamorfose.

O mal do aire é a expresión coa que se fai referencia á doenza con variedade de síntomas que causa a fin dunha vida.

Tódolos aires son temidos, pero o que máis, é o de morto.

A través destas once historias poéticas a autora relátanos a simboloxía deste declive existencial desde unha crenza atávica, mediante personaxes fantasiosas inspiradas nos mitos e lendas de onde ela é, así coma na propia experiencia, cun sentimento constante de inquedanza e perda da propia natureza.

Porque ninguén pode fuxir do mal do aire.

Sempre sobrevén cando menos o esperas.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión