Na soidade do seu local de ensaio, o Mago Rafa pasou 80 días encerrado desenvolvendo un espectáculo para a volta á "Nova Normalidade" mais... nada é normal. Volvemos do confinamento con máis ilusión que nunca. Fantasía, ilusión e diversión asegurada para todos e todas.
Para público en xeral
18/09/2021
Xa rematou
19.00 h
60 minutos
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Entrada: 5,00 €
Abono 3 (3 entradas para a mesma función): 12,00 €
Menores de 3 anos: 2,00 €
**Todo o que acceda ao auditorio no que terá lugar a función debe facelo con entrada.
· Usar máscara de forma obrigatoria
· Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.
· Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de espera, etc.
· Aplicación de solución hidroalcohólica en mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.
RECOMÉNDASE
Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.
Actuar con responsabilidade.
Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)
forum@coruna.es
O Mago Rafa é un ilusionista nado en Lugo que leva máis de 15 anos traballando para divertir e sorprender cun estilo que o caracteriza, a proximidade.
Os seus espectáculos baséanse na proximidade co público, que utiliza para aproximar aos espectadores e espectadoras a un mundo de fantasía onde vive o mentalismo, as adiviñacións, as viaxes de obxectos imposibles... mais sempre coa súa tarxeta de presentación: un humor cotián e desenfadado para facer gozar a públicos de todas as idades.
Espectáculo dirixido a público a partir de 4 anos
Espectáculo en lingua galega
Venda de entradas
Despacho de billetes Pza. Ourense: de luns a xoves (excepto festivos) de 10.00 a 14.00 e de 15.00 a 18.00 h. / Venres de 10.00 a 15.00 h.
Despacho de billetes Fórum: días de función desde unha hora antes (só se quedan localidades)
Venda telefónica: 662867109
Venda en linea: corunacultura.sacatuentrada.es
Actividades relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible