“Nun futuro próximo, un novo virus está a facer estragos entre as persoas que practican o sexo sen amor. Un par de ladróns deciden roubar a fórmula e para iso recrutan a Álex, un mozo rebelde. Nada resultará como pensaran”.
Para público en xeral
29/07/2021
* Entradas á venda o luns anterior a cada proxección
Xa rematou
22:30 h
Prezo: 3,00 €
Descontos carné xove, + 65 anos e persoas desempregadas: 2,00 €
Para acceder aos descontos é obrigatorio presentar o documento que o acredite no momento de adquirir a entrada en despacho de billetes ou no acceso ao recinto se a comprou en liña.
- Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que se atopen en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.
- Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto e realizarase o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.
- En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:
- Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada.
RECOMÉNDASE:
Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.
Actuar con responsabilidade.
Leos Carax dá unha lección de inventiva visual e de utilización de música e imaxes: a trama é unha escusa para o torrente de ideas, case una por plano. Unha película eternamente nova que convida a saír a correr polas rúas.
Título orixinal: Mauvais sang
Ano: 1986
Duración: 114 min.
País: Francia
Director: Leos Carax
Repartición: Denis Lavant, Michel Piccoli, Juliette Binoche, Julie Delpy
Cualificación: Apta para todos os públicos
Convidado: DAVID FIDALGO OMIL (Director de animación)
Perfil biográfico: David Fidalgo Omil (Lugo, 1989) é realizador de curtametraxes de animación cun carácter moi persoal. Coa súa última curtametraxe ''Homomaquia'' conseguiu un nomeamento aos premios Goya 2020 ademais de estar presentes en moitos festivais.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible