Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de decembro de 2017

O Concello colabora na recuperación da memoria e a figura dos gaiteiros da Coruña coa publicación da obra 'Farruco de Montrove'

O libro, editado por A Central Folque xunto con un cd con gravacións da época, será presentado este sábado ás 20.30 horas nun acto na Fundación Luis Seoane, que contará con música ao vivo e estará aberto ao público

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, participou este xoves na presentación da publicación Farruco de Montrove e os gaiteiros da Coruña, coa que o Concello colabora economicamente e "que sintoniza cunha serie de liñas que se estaban a tratar, vinculadas á música tradicional e popular na cidade", como é a recuperación da memoria e da figura dos gaiteiros da Coruña. "Parecíanos unha boa ocasión para ter unha publicación de calidade e referencial", sinalou o responsable municipal, que avanzou o acto de presentación da edición -obra de Moncho do Orzán e editada por A Central Folque-, que terá lugar este sábado, 16, na Fundación Luis Seoane, con presenza das familias dos gaiteiros e música ao vivo. "Será un acto de celebración e de compartir este legado colectivo", sinalou durante a presentación Ramón Piñeiro, que compareceu en representación da editora, e quen salientou que o volume inclúe material gráfico, partituras facilitadas por familias e institucións e  gravacións orixinais da época, ademais dun traballo de campo e arquivo musicolóxico moi destacable en torno a unha figura que é case mitolóxica para a xente da gaita" a cargo do autor, do que destacou que é "investigador, arquiveiro de Cántigas da Terra e instrumentista".

O libro é, en palabras do seu autor, "un traballo que cumpre un deber moral, porque non había ningunha obra recente sobre os gaiteiros da Coruña", e forma parte da colección 'Chave Mestra',  na que colaboran investigadores tanto galegos como de fóra, e que ten por obxecto identificar  grandes nomes capaces de achegar o coñecemento do patrimonio oral e musical galego. "Percatámonos de que na Coruña estaba a perderse a conciencia dun repertorio propio, unha técnica de tocar propia e unha forma de estar no mundo. Ademais, os gaiteiros teñen unha memoria histórica e unha memoria democrática que cumprir, están asociados a un camiño político, non son persoas que simplemente tocan", quixo destacar Moncho do Orzán na rolda, antes de salientar que o libro "pode achegar a aquelas persoas que se están introducindo no mundo da gaita unhas primeiras claves para entrar históricamente no repertorio, e comezar a intepretar, a través das partituras".

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión