Espectáculo: As catro estacións de Vivaldi
Para público en xeral
19/06/2020
Xa rematou
Cambio de hora o fecha
20:30 h
15:00 h
O 2020 verá a estrea da Orquestra Barroca da Coruña, única formación profesional de Galicia con instrumentos de época que arrinca cun ambicioso proxecto como son 'As catro estacións' de Vivaldi co seu director musical, Massimo Spadano, ao violín, tras tocalas recentemente arredor do mundo coa famosa formación I Musici.
A Orquestra Barroca da Coruña é un proxecto que ten como ambición poñerse á altura de proxectos como a Orquestra Barroca de Sevilla ou a Orquestra Barroca de Barcelona, e dedicarse á investigación da música antiga desde Galicia, implicándose en proxectos educativos e formativos nesta especialidade.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible