Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Orquestra Sinfónica de Galicia

Orquestra Sinfónica de Galicia

A Orquestra Sinfónica de Galicia (abreviada como OSG) é unha orquestra sinfónica española considerada como unha das máis prestixiosas e de maior proxección do país. Foi creada en 1992 polo Concello da Coruña e a súa sede está no Palacio da Ópera da dita cidade. O director artístico é Víctor Pablo Pérez, que finalizará o seu labor no 2013 e será sucedido por Dima Slobodeniouk, e o director principal convidado é Jesús López Cobos.

Foi orquestra residente do Festival Rossini de Pésaro de 2003 a 2005 e do Festival Mozart da Coruña dende a súa creación en 1998. Ademais, realizou varias xiras por Alemaña e Austria e ofreceu concertos nas mellores salas e ciclos de concertos españois. No 2007 realizou a súa primeira xira por América do Sur, con concertos en Chile, Arxentina, Brasil e Uruguai. A finais do 2009 presentouse na histórica sala do Musikverein de Viena.

A Orquestra Sinfónica de Galicia conta habitualmente con solistas de primeiro nivel. Na súa discografía para selos como EMI, DECCA, Koch, Naïve ou BMG e Arts, figuran nomes como os de Juan Diego Flórez, Kaori Muraji, Peter Maag, Antonio Meneses, Manuel Barrueco -con quen foi nomeada ao Grammy 2007 polo mellor álbum clásico do ano-, María Bayo, Plácido Domingo, Juan Pons ou Ewa Podles.

Foi premiada coa Medalla de Ouro da Real Academia Galega de Belas Artes e é Premio Cultura Galega da Música 2010.

Está financiada polo Concello da Coruña, a Deputación Provincial da Coruña e a Xunta de Galicia.

Paralelamente á súa actividade habitual, creou un Coro e un extenso proxecto educativo chamado Son Futuro que engloba unha Orquestra Joven, unha Orquestra de Nenos, un Coro Joven e un Coro de Nenos (Nenos Cantores).

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión