Exposición de fotografía de Cris Andina na que recolle a inmensidade das actrices e actores de teatro.
Para público en xeral
Dende o 10/05/2021 ata o 30/05/2021
Xa rematou
de 11 a 13.30 h e de 17.30 a 21.00 h
Casa Museo Casares Quiroga. Rúa Panaderas 12. 15001 A Coruña
981 189 856
"Outra pel, outro rostro" da fotógrafa Cris Andina é unha colección de máis de 50 obras que pretenden ser unha homenaxe e reivindicación da figura das actrices e actores de teatro. Pero, no fondo, tamén da propia dramaturxia en si e do conxunto de persoas e colectivos, profesionais ou non, que a fan posible.
Partindo desta intención (e percepción), a autora decidiu fixar o seu foco precisamente xusto no momento en que todo o traballo interpretativo toma corpo: antes e despois da caracterización. Xusto o momento en que actrices e actores pasan a ser "outras" e "outros", xa "noutra" pel, xa con outro "" rostro. A honestidade das e dos intérpretes, espidos ante a cámara fotográfica, sen máis instrumento que a súa propia transformación.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible