Concello da Coruña

Concello da Coruña

Peeping Tom de Michael Powell

O fotógrafo do pánico

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

29/07/2020

Xa rematou

Horario:

22:30h

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00€ . (descontos carné novo, + 65 anos e persoas desempregadas: 2,00€)

Para acceder aos descontos é obrigatorio presentar o documento que o acredite no momento de adquirir a entrada en despacho de billetes ou no acceso ao recinto se a comprou en liña.

"Un home perturbado por mor dunha infancia esnaquizada polo seu toleado pai, obsesiónase coa idea de rexistrar o verdadeiro rostro do medo ante a morte".

O lendario cineasta Michael Powell sóbese ao carro da modernidade cinematográfica e entrega unha xoia disruptiva e aterradora que é á súa vez un estudo sobre a natureza das imaxes e do propio oficio de facer cinema.

  • Ano: 1960
  • Duración: 109 min
  • País: Reino Unido
  • Director: Michael Powell
  • Guión: Leo Marks
  • Música: Brian Easdale, Wally Stott;
  • Fotografía: Otto Heller;
  • Repartición: Karlheinz Böhm, Moira Shearer, Anna Massey, Maxine Audley.

Convidado: MARÍA MESEGUER (Fotógrafa)

Perfil biográfico: María Meseguer. Estudou fotografía no ICP, New York. Fotógrafa profesional desde 1992, compaxina o seu traballo persoal con fotografía de reportaxe.

VENDA DE ENTRADAS:

Venda anticipada: desde as 9:00h do luns da mesma semana da proxección, en http://www.evenbrite.com

Despacho de billetes Fórum Metropolitano: Aberta só se quedan localidades dispoñibles, desde media hora antes da proxección.

NORMAS DE ACCESO

O acceso ao recinto realizarase pola porta posterior do Fórum Metropolitano, c/Pose.

As butacas estarán situadas a 1,5 m de distancia. Aforamento limitado a 48 butacas.

Será de OBRIGADO cumprimento

• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).

• Lavarse as mans con xel hidroalcohólico á entrada e saída do recinto.

• O uso da butaca que lles asigne o persoal de sala do recinto. Non estando permitido o seu desprazamento, salvo que o persoal de sala autoríceo por motivos de agrupamiento familiar.

• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e a a saída para evitar aglomeracións.

• Respectar a sinalización.

• Seguir en todo momento as indicacións do persoal de sala.

RECOMÉNDASE:

• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.

• Actuar con responsabilidade.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión