Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa de Lecer do Ágora Outono 2023

Arte, literatura, cine, fotografía, novas tecnoloxías, cociña, memoria, creatividade…

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 02/10/2023 ata o 23/12/2023

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 04/09/2023

Todas as inscricións que teñan data de envío anterior ou posterior aos días e horas indicados non serán tramitadas.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Documentos:

PROGRAMA AGORA OUTONO 2023 - definitivo 2 (1 MB)

Ágora - Listado axdudicacions e listaxes da agarda no Programa de Lecer OUTONO 2023 (307 KB)

CONDICIÓNS PARA PARTICIPAR NOS OBRADOIROS DO PROGRAMA DE LECER, CALENDARIO DE INSCRICIÓN E PAGAMENTO

● Preinscrición: 4 (a partir das 9.00 h), 5 e 6 (ata ás 23.59 h) de setembro. Todas as inscricións que teñan data de envío anterior ou posterior aos días e horas indicados non serán tramitadas.

● Publicación das listaxes de preinscrición: o 7 setembro, ás 12.00 h, na páxina web municipal (/www.coruna.gal), na de Cultura (www.coruna.gal/cultura) e no servizo telefónico 010.

● Prazo de reclamacións sobre as listaxes de preinscrición: 7 e 8 de setembro, a través do correo electrónico a forumagora@serviplus.org ou do teléfono 604 272 419.

● Sorteo público: o luns 11 de setembro, ás 10.00 h, na conserxería do Ágora.

● Publicación das listaxes de prazas adxudicadas e de prazas nas que se atopen en período de agarda: o mércores 13 de setembro ás 09.00 h, na páxina web municipal, na de Cultura e no servizo telefónico 010.

● Pagamento da cota: os días 13, 14 e 15 de setembro

● Adxudicación das prazas vacantes nos obradoiros sen listaxe de agarda: a partir do luns 18 de setembro, volverá abrirse o formulario de inscrición na web para o público en xeral, e farase o aboamento do mesmo xeito que o resto, ata o 30 de setembro.

● Adxudicación de prazas nos obradoiros con listaxes de agarda: Contactaremos telefonicamente coas persoas das listaxes de agarda para confirmar que continúan interesadas en inscribirse nos obradoiros que solicitaran. Nunha primeira volta: o día 18 de setembro; e na segunda volta: o día 21 de setembro. Realizaranse tres intentos de contacto telefónico a diferentes horas do mesmo día. De non se conseguir a comunicación, pasarase á seguinte persoa da listaxe de agarda.

● Pagamento das prazas adxudicadas das listaxes de agrada: as da 1.ª volta o 19 ou o 20 de setembro; e as da 2.ª volta o 22 ou o 23 de setembro.

● Adxudicación das prazas vacantes: a partir do luns 25 de setembro abrirase o formulario de inscrición na web para o público en xeral, e farase o aboamento do mesmo xeito que o resto, ata o 30 de setembro

MODO DE PREINSCRICIÓN:

1.ª opción: farase de forma telemática, a través da páxina web www.coruna.gal/cultura .

2.ª opción: facilitarase axuda telefónica (de 10.00 a 14.00 h, e neste horario tamén se poderá realizar de forma presencial, e de 16.00 a 20.00 h, só telefónicamente) para aquelas persoas que non teñan correo electrónico ou dificultades de acceso a Internet, a través do teléfono 604 272 419.

● Poderá inscribirse nun máximo de dous obradoiros. Hai que ter en conta que na adxudicación se respectará a orde de preferencia fixada pola persoa solicitante, e esta non poderá ser modificada unha vez que se realice o sorteo.

● Unha vez que se realice a inscrición recibirá no seu correo electrónico a resposta con todos os datos que apuntou. Comprobe que son correctos e garde a copia como xustificante.

● No caso de non dispoñer de correo electrónico, poderá consultar os seus datos nas listaxes de preinscrición na páxina web e no Ágora, o 7 de setembro.

● Nestas mesmas listaxes poderá coñecer o número designado para o sorteo público.

ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS: unha vez realizado o sorteo público, as listaxes das persoas admitidas e as listaxes de agarda publicaranse o luns 11 de setembro ás 9.00 h, na páxina web municipal, na de Cultura e no servizo telefónico 010.

Nelas figurarán o número de inscrición, o número. do DNI/NIE da persoa solicitante así como o/os obradoiro/s adxudicado/s.

As prazas de cada obradoiro adxudicaranse a partir do número de inscrición que saia no sorteo público.

Adxudicaranse un máximo de dous obradoiros por persoa. En todo caso, tratarase de concederlles a todas as persoas solicitantes cando menos un obradoiro, antes de conceder un segundo obradoiro.

Para adxudicar as prazas vacantes e as non aboadas, terán preferencia as persoas das listaxes de agarda que non obtivesen ningunha praza, sempre respectando a orde de numeración do sorteo.

COTA DE INSCRICIÓN OUTONO 2023: 35,00 € por obradoiro para as persoas menores de 65 anos. 23,00 € por obradoiro para as persoas maiores de 65 anos, cumpridos antes do inicio dos obradoiros.

PAGAMENTO DA COTA: do 13 ao 15 de setembro (os tres días incluídos).

1.ª opción: a cota correspondente aboarase mediante transferencia á conta núm. ES76 2080 0036 6230 4002 1977. Enviarase o comprobante por correo electrónico a forumagora@serviplus.org ou depositarase nas conserxerías unha copia da transferencia bancaria en papel, xunto co núm. do DNI/NIE, o nome da persoa participante, o centro (Ágora ou Fórum) e o/os obradoiro/s aboado/s.

2.ª opción: as persoas que teñan dificultades en realizar a transferencia "en liña" ou non dispoñan de correo electrónico, poderán realizar o pagamento da cota mediante tarxeta de crédito (ou efectivo), presencialmente no ÁGORA ou no FÓRUM, de 10.00 a 14.00 ou de 17.00 a 20.00 h os días 9 e 10 de xaneiro, para as prazas de CONTINUIDADE e os días 13, 14 e 15 de setembro.

Para os aboamentos das prazas vacantes ou en listaxe de agarda o aboamento de forma presencial será exclusivamente de 10.00 a 14.00 h

No caso de non se realizar o pagamento nos ditos prazos a praza quedará vacante, e serán chamadas as persoas solicitantes da listaxe de agarda para cubrila.

Se unha vez aboada a cota non fose posible realizar o obradoiro, só se devolverá o seu importe se outra persoa solicitante ocupa a praza, coa data límite do venres 13 de outubro..

INICIO E REMATE DOS OBRADOIROS: comezarán a partir do luns 2 de outubro e rematarán o sábado 23 de decembro, no día e hora que lle corresponda a cada obradoiro. Os obradoiros só se porán en marcha cun mínimo de 12 participantes.

FORMULARIO INSCRICIÓN

  • NÚMERO RESULTANTE DO SORTEO ÁGORA 859

Documentos relacionados

  • Prazas vacantes listaxe de agarda ÁGORA (31 KB)

Programas culturais

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión