Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programación de cinema XANEIRO 2026

Programación de cinema XANEIRO 2026

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 15/01/2026 ata o 31/01/2026

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos

Carné novo + 65 anos ou persoas desempregadas 2,00 €

Sesión do espectador: sábados ás 17:30 h prezo único 1,50 €

** Para a aplicación dos descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de comprar a entrada e no acceso ao lugar de proxección.

Requisitos:

CONDICIÓNS DE ACCESO E PERMANENCIA

EN SALAS DE CINEMA

  • Puntualidade. Unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala nin se garante se se abandona a sala durante a mesma.
  • Ao acceder á sala de cinema poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo política de descontos.
  • Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.
  • Non se permite o consumo de alimentos ou bebidas na sala.
  • Non está permitido gravar ou fotografar as películas.
  • Apaguen os móbiles antes de que comece a proxección. O seu son e luz molestan ao resto do público.
  • As salas de cinema teñen reservado o dereito de admisión.
  • Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ás salas de cinema teñen que contar con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.
  • Os cochecitos e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do edificio daralles as indicacións necesarias.
  • Recomendamos consultar a sinopse e idades recomendadas das películas.
  • Garde as súas localidades durante a proxección; poderán ser requiridas polo responsable da sala.
  • A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

SALA MARILYN MONROE - DOC DO MES + NAS AULAS

15 xaneiro 2026

Docs do mes - Estimada flor (Querida flor) de Paolo Cognetti

Documental

Bélxica, Italia 2024

80 minutos - VOSE en italiano subtitulado en español

HORARIO: 20.00 h

16 - 17 xaneiro 2026

JAGTEN (A caza) de Thomas Vinterberg

Con Mads Mikkelsen, Thoma Bo Larsen

Dinamarca 2012

111 minutos - VOSE

Non recomendada menores 12 anos

HORARIO: venres: 20.00 h / sábado: 17.30 e 20.00 h

22 - 23 - 24 xaneiro 2026

LLES HÉRITIERS (A profesora de historia) de Marie-Castille Mention-Schaar

Con Ariane Ascaride, Ahmed Dramé

Francia 2014

100 minutos - VOSE

Non recomendada menores 7 anos

HORARIO: xoves e venres: 20.00 h / sábado: 17.30 e 20.00 h

29 - 30 - 31 xaneiro 2026

RADICAL de Christopher Zalla

Con Eugenio Derbez, Daniel Haddad

México 2023

120 minutos - VO

Non recomendada menores 12 anos

HORARIO: xoves e venres: 20.00 h / sábado: 17.30 e 20.00 h

SALA FERNANDO Rey - ESTREAS EN V.Ou.

15 - 16 - 17 xaneiro 2026

BIRD de Andrea Arnold

Con Nykiya Adams, Barry Keoghan

Reino Unido 2024

119 minutos - VOSE

Non recomendada menores 16 anos

HORARIO: xoves e venres 20 h / sábado 17.30 e 20.00 h

22 - 23 - 24 xaneiro 2026

HERE WE ARE (Sempre contigo) de Nir Bergman

Con Shai Avivi, Noam Imber

Israel 2020

94 minutos - VOSE

Non recomendada menores 7 anos

HORARIO: xoves e venres 20 h / sábado 17.30 e 20.00 h

29 - 30 - 31 xaneiro 2026

FIRST COW de Kelly Reichardt

Con John Magaro, Orion Le

Estados Unidos 2019

118 minutos - VOSE

Non recomendada menores 12 anos

HORARIO: xoves e venres 20 h / sábado 17.30 e 20.15 h

VENDA DE ENTRADAS:

- Pza. de Ourense, de luns a venres (excepto festivos) de 11.00 h a 15.00 h e de 16.30 h a 19.30 h

- Despacho de billetes Forum Metropolitano: día de proxección desde media hora antes, a condición de que queden entradas dispoñibles.

- Venda en liña: www.ataquilla.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión