Concello da Coruña

Concello da Coruña

Proxección do documental ACORDAMOS

II Cartografía musical da memoria histórica de Pontevedra

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

15/01/2024

Xa rematou

Horario:

19.30 h

Duración:

60 minutos

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar capacidade

Organiza:

Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros

Contacto:

Rúa Mercé, 56 Baixo (15006 - A Coruña)

Tel: 981 298 122

www.facebook.com/redeoza.org

Unha peza que mestura testemuños de vítimas, persoas expertas e música para reivindicar a loita polas ideas de xustiza de principios do século XX e os avances no agrarismo, sindicalismo, economía e educación que se deron naquel momento, así como para poñer en valor a resistencia ante o golpe do 36.

ACORDAMOS é a segunda entrega da chamada "cartografía musical" da memoria histórica da provincia, que nesta edición segue a percorrer lugares significativos. A peza gravouse en Sobredo, Moaña, Lérez, Illa de Arousa, Tomiño, Xiabre e reúne testemuños de familiares e persoas investigadoras xunto coa música de Uxía, Quilma As Divinas, Malvela, Celina da Piedade e Ana Santos, Wöyza e María Faltri, Antía Muíño e Luis Pastor, Treixadura e Sondarúa.

A idea orixinal é do Departamento de Memoria provincial, a dirección artística corre a cargo de foi Uxía, Lucas Terceiro o responsable da dirección técnica e realización, Tito Ledesma do son en directo, Conchi Carro da produción e Carmen Conde do guión.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión