Concello da Coruña

Concello da Coruña

Quen carallo matou a Suso?

Localidades esgotadas

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

23/05/2026

Xa rematou

Horario:

20.15 h

Duración:

90 min

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

3,00 €

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

  • Pídese puntualidade. Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala nin se garante se se abandona a sala durante o espectáculo.
  • Ao acceder ao teatro poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo a política de descontos.
  • Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.
  • Non se permite consumir alimentos nin bebidas na sala (excepto auga).
  • Non está permitido gravar ou fotografar os espectáculos.
  • Apaguen os móbiles antes de que comece a representación. O seu son e a luz molestan o público e artistas.
  • O teatro ten reservado o dereito de admisión.
  • Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ao teatro teñen que contar con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.
  • Os cochiños e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do teatro daralles indicacións.
  • Recomendamos consultar a sinopse e as idades recomendadas dos espectáculos xa que non todas as persoas gozan do mesmo xeito.
  • Garde as súas localidades durante a representación; poderán ser requiridas polo persoal responsable da sala.
  • A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

  • Seguir as instrucións do persoal da sala.
  • Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Asociación De Maior Crea

LOCALIDADES ESGOTADAS

Na noite de fin de ano, Suso da Torre, un empresario de éxito, xa xubilado, e a súa esposa Marta reciben na súa casa a varios amigos e familiares.

Entre risas, brindes adiantados e conversas, a noite avanzará... pero non cara a onde todos esperaban. A que prometía ser unha deliciosa xuntanza, vese alterada pola morte de Suso por mor dun disparo.

Un accidente?, suicidio?, asasinato?

A policía vaino ter complicado, moi complicado... porque detrás desa elegante capa de sorrisos, brindes e "que ben estás" escóndese un auténtico festival de superficialidade e hipocrisía.

A investigación da morte de Suso pon de manifesto que todo o mundo ten algo que ocultar... Os seus segredos e pulsións teñen tal dimensión que darían, mesmo, para facer unha obra de teatro.

En todo caso, un precioso mosaico de relacións humanas... máis falso que un billete de 7 euros.

En fin, é o que hai.

Autoría e dirección: Alberto Gómez

Codirección: Lucía Cifuentes

Rexedores: Begoña Cadavid e Manuel Méndez

Elenco: Adela Castro, Almudena Gracia, Asun Couto, Aurora Rodríguez, Beatriz Aguado, Dori Fernández, Fernando Fernández, Fina Lafuente, Isabel López, Juan Carlos Fernández, Manu Rocandio, Marisa Pardo, Paco Fuentes e Trini Espiñeira

VENDA DE ENTRADAS:

  • Despacho de billetes da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres, das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h
  • Despacho de billetes do Fórum Metropolitano: dende unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)
  • ataquilla.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión