Concello da Coruña

Concello da Coruña

Quico Cadaval e Vero Rilo contan na Agra.

Quico Cadaval e Vero Rilo xúntanse neste festival para inaugurar o programa Agra no Ágora de 2024 e deleitar ao público coas súas mellores historias.

A quen vai dirixido?:

público en xeral, a partir de 14 anos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

08/02/2024

Xa rematou

Estado do evento:

Cancelado

Horario:

20:15 h 

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Número de prazas:

500

Prezo:

de balde

Organiza:

Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"

Contacto:

agra@galizacultura.gal

Vero Rilo é narradora oral. Antes era educadora infantil, pero quitouse diso. Dende 2013 leva contando contos, historias de vida, e outras lerias para todo tipo de público. Feminismo, tradición, memoria histórica, resistencia,  alegrías, afectos e rebeldías aparecen consciente e inconscientemente no seu repertorio. Sempre lembra as palabras de Castelao "cada vida é una novela que se perde" Se cadra é por iso que conta, para non perder. E conta o que aprendeu a ser,  o que outras foron, o que son. Conta o que a (con)move, di que así a memoria non morre...

Quico Cadaval, referente internacional da narración oral, é contador de historias, director de escena e dramaturgo. Comezou o seu traballo a mediados dos anos 80 baixo o mestrado de Xoán Cejudo, que estimulou o seu autodidactismo. Funda a compañía O Moucho Clerc con grandes artistas do teatro galego. Traballou en diferentes producións da TVG, en curtas e longametraxes; foi profesor de interpretación da Operación Triunfo portuguesa en 2003.

É autor de textos como O Códice Clandestino (1989), O rouxinol de Bretaña (1991) para a compañía O Moucho Clerk, o Espantoso (2002), premio María Casares ao mellor texto orixinal do ano. Coautor de textos como a Balada das mulleres doutro tempo (con Xepe Casanova) e O rei nu (con Cándido Pazó) para a compañía Ollomoltranvía.

En teatro ten dirixido Días sen gloria (1993) de Roberto Vidal Bolaño, O ano do cometa (2004) de Álvaro Cunqueiro, Noite de Reis (2008) de Shakespeare, Oeste solitario (2011) de Martin McDonagh, A ópera dos tres reás (2011) de Bertolt Brecht e Kurt Weill co Centro Dramático Galego (CDG), Shakespeare para ignorantes en colaboración con Mofa&Befa, pola que recibiron o premio MAX.

Quico aprendeu a contar contos dende moi neno grazas a unhas vellas que se encargaron de transmitirlle historias, e tamén grazas ás persoas, da máis variada índole, que pasaban pola taberna de súa nai. Foi impulsor do movemento de contacontos xurdido en Galicia na década dos noventa; saíu do café Atlántico e dende aquela espallou a narrativa galega por festivais tan importantes como o Iberoamericano de Bogotá, o FILBA de Bos Aires e as Palavras Andarilhas de Beja. Cadaval leva desenvolvendo desde os anos noventa un tipo de espectáculo unipersoal a medio camiño entre a narración tradicional, a épica escénica e o cabaré literario. Un espectáculo de narración oral que se foi transformando nos últimos quince anos para se ir acomodando ás circunstancias ambientais, ás inclemencias do clima, ás experiencias persoais do artista e aos terrores mais íntimos do público.

Todas as actividades de "Agra no Ágora" son de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión