RAPHAELÍSIMO - A lenda da música en español, en superlativo
Para público en xeral
21/11/2026
Mércores, 17 de decembro 2025 a partir das 11.00 h póñense á venda en Ataquilla.com e no despacho de billetes da praza de Ourense as entradas para este concerto.
20.30 h
(apertura de portas: 19.00 h)
Cadeiras de pista (fila 1 a 10): 90,00 €
Cadeiras de pista (Fila 11 a 30): 85,00 €
Tendido baixo: 75,00 €
Tendido medio: 60,00 €
Tendido alto: 60,00 €
Non se admiten cambios nin devolución de entradas.
Os menores de 16 anos teñen que aistir ao evento acompañados dun adulto responsable maior de idade e traer a correspondente autorización asinada.
Cávea Producións
Raphael, o eterno Divo de Linares, regresa aos escenarios con Raphaelísimo, un espectáculo superlativo que captura a esencia dunha carreira única na historia da música en español.
A xira, que comezou en maio, reúne os grandes éxitos que fixeron del unha icona como Yo soy aquel, Mi gran noche e Escándalo, xunto coas cancións do seu aclamado novo álbum Ayer... aún, un tributo exquisito á "chanson" francesa e homenaxe a artistas do talle de Edith Piaf e Charles Aznavour.
Raphaelísimo é máis ca un concerto: é unha viaxe emocional conducida pola lendaria voz e a asombrosa capacidade interpretativa de Raphael, un artista cuxa autenticidade e paixón sobre o escenario seguen cativando a públicos de todas as idades e estilos.
O seu inigualable talento transcende xéneros, emocionando por igual a amantes do rock, seguidores da música indie e fieis da canción melódica, sendo desde fai máis de seis décadas un nome imprescindible da música do noso país.
Raphaelísimo é, sen dúbida, un dos eventos culturais imprescindibles de 2026, onde a maxia de Raphael alcanza a súa máxima expresión.
VENDA DE LOCALIDADES
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible