Amy Halpern, Tomonari Nishikawa, Alexandre Larose, Valentina Alvarado e Luther Price, primeiros protagonistas do (S8)
Para público en xeral
Dende o 27/09/2020 ata o 03/10/2020
Xa rematou
eSe8
A Mostra Internacional de Cinema Periférico da Coruña presenta para esta edición un formato dual que combinará actividades presenciais con diversos contidos deseñados exclusivamente para a rede. O festival inspírase no programa de referencia para a comunidade do cinema experimental 'Screening Room', emitido nos anos 70, para crear un dos seus formatos online estrela desta edición: 'Camera Obscura'.
O (S8) Mostra Internacional e Cinema Periférico celebrará entre o 27 de setembro e o 3 de outubro a súa undécima edición explorando un novo formato dual. Nel combinará diversas performances, encontros e proxeccións na cidade da Coruña cunha serie de formatos deseñados para a súa emisión a través da web e as redes sociais do festival.Nesta edición dual, a Mostra amosará máis que nunca o seu carácter internacional: chegará a todos os rincóns do mundo con contidos en galego, castelán e inglés e reforzará especialmente o seu carácter divulgativo. "O (S8) non perderá a súa esencia e continuará a ser un punto de encontro da a comunidade e un espazo para o descubrimento e inspiración de cineastas e artistas. O único que cambiará é que, nesta ocasión, espallaremos os contidos do festival por todo o mundo", afirma Ángel Rueda, director do festival. Deste xeito, a formación de públicos e a descuberta de creadores e creadoras continuarán a ser dous dos eixos principais da programación do evento.O festival contará con seccións xa coñecidas polo público -Xerme, Sinais, Sinais en Curto, Desbordamientos...- pero tamén incorporará varios formatos e contidos novos creados en exclusiva para esta edición. É o caso de Camera Obscura, un novo espazo na rede que nace tomando como referencia o coñecido programa de cine experimental Screening Room. Por este programa, presentado por Robert Gardner de 1972 a 1981 na televisión pública de Boston, pasaron os máis relevantes cineastas de vangarda do seu tempo, a quen o conductor entrevistaba en profundidade ofrecendo tamén aos televidentes a oportunidade de coñecer a súa obra emitindo algunhas das súas pezas. Neste 2020 e pensando en novos xeitos de difundir o cinema experimental, o (S8) recolle o testemuño de Screening Room para crear Camera Obscura, un programa emitido en streaming e cun formato renovado que contará cunha estética peculiar e unha clara vocación creativa.
Xa está dispoñible na nosa páxina web para a súa descarga o programa completo desta edición dual con toda a programación online e presencial.
Para poder asistir ás sesións terás que retirar, desde 24h antes, a túa entrada nominal e gratuíta aquí.
Os accesos a cada sesión abriranse 30 minutos antes do comezo.
Compre destacar que as entradas NON validadas 10 minutos antes do inicio da sesión poderán reasignarse a outra persoa. Lembra que as sedes terán limitación de capacidade e que en cada unha delas establecerase un protocolo COVID-19, debidamente sinalizado
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible