Concello da Coruña

Concello da Coruña

S8 Xoves 2 de xuño

Programación da 7ª Mostra de Cinema Periférico de A Coruña o xoves 2 de xuño

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

02/06/2016

Xa rematou

Páxina web:

www.s8cinema.com

16.30 h - Sala (S8) PALEXCO – Palacio de Congresos (Sala Municipal de Exposiciones)

A INTERNACIONAL IMPRESIONISTA (VV.AA.)

Retratar a luz a través do filtro da propia percepción (sensorial e persoal). Iso é o que moveu aos primeiros impresionistas, pintores, así bautizados por un crítico de arte que inventou este término para falar (mal) de Monet e compañía. E é tamén o que move a estes modernos impresionistas, que a través de medios mecánicos e electrónicos intentan plasmar algo tan inefable como a luz nun momento determinado. Só que os que hoxe nos ocupan han de contar tamén coa habilidade e o azar do ollo da cámara, a ordenación e caprichos das partículas fotoquímicas e/ou dos uns e ceros do vídeo digital.

Something Between Us (Jodie Mack, EUA, 2015, 16 mm, 10 min)

Fish Point (Pablo Mazzolo, Arxentina, 2015, 16 mm, 7 min)

Prima Materia (Charlotte Pryce, EUA, 2015, 16 mm, 3 min)

BROUILLARD - passage # 14 (Alexandre Larose, Canadá, 2014, 35 mm, 10 min)

Short (Robert Todd, EUA, 2013, 1 6mm, 5 min)

Sea Series # 14, # 19, # 20 (John Price, Canadá, 2014-2016, 35 mm, 10 min)

Facing the Waves (Eva Kolcze, Canadá, 2016, 16 mm, 5 min)

Poem (Dan Browne, Canadá, vídeo, 4 min)

Save my Heart from the World (Jacques Perconte, Francia, 2016, vídeo, 10 min)

 

18.00 h - CGAI – Centro Galego de Artes da Imaxe

SAUL LEVINE – Programa 1

O (S8) recibirá a visita de Saul Levine, mestre do Super 8, coetáneo de Brakhage e de Schneemann e un dos autores clave da historia do cinema de vangarda. P. Adams Sitney, autor do libro de referencia Visionary Film, considérao o cineasta disidente máis importante de Estados Unidos, pioneiro ao converter o formato fílmico doméstico (8mm e Super 8) nunha ferramenta de creación artística inmediata e indomable. Membro activo da contracultura desde os anos sesenta, Levine é ben coñecido polas súas notas, películas líricas e vivas, nas que a cámara parece ser unha prolongación do seu corpo, e nas que a imperfección e a visceralidade forman parte da súa esencia única.

Notes of an Early Fall part I & II (1976, Super 8, 33 min)

Note One (1968, 16 mm, 7 min)

Falling Notes Unleaving (2013, 16 mm, 13 min)

Light Licks: by the Waters of Babylon: I Want to Paint it Black (2011, 1 6mm, 12 min)

Note to Erik (1966-1968, 16 mm, 4 min)

 

19.00 h - Sala (S8) PALEXCO – Palacio de Congresos (Sala Municipal de Exposiciones)

XIANA GÓMEZ-DÍAZ – Sesión 1

 

Con una forma de crear caracterizada por una aguda capacidad de observación –que detecta lo que pasa desapercibido para muchos–, una mirada política y poética a la realidad, un sutil sentido del humor, un palpable amor por el amateurismo y una aproximación espontánea a las cosas, Xiana Gómez-Díaz ha ido construyendo, como quien no quiere la cosa, una obra inconfundible, fresca y estimulante.

 

Encontros con entidades, serie I, II, III (2013-14, vídeo, 8 min)

Sotobosque 1 (2016, vídeo, 5 min)

Dúas Pitas (2009/2013, vídeo, 5 min)

While it Spins (2014, vídeo, 3 min)

A Real Woman (2013, vídeo, 3 min)

Carretera de una sola dirección (2016, vídeo, 28 min)

Mira para aquí un momento (2015, vídeo, 4 min)

 

20.30h

CGAI – Centro Galego de Artes da Imaxe

WILLIAM RABAN - Programa 1

Da exploración formal e estrutural do espazo e o tempo, expandíndose cara á exploración política e urbanística dun espazo –Londres- e un tempo -a era da xentrificación e a crise do capitalismo: entre estas dúas magnitudes móvense os filmes de William Raban que presentamos neste programa. A súa aproximación primeira, a dos seus estudos espaciais e de movemento dos anos 70, serve como lazo e forza propulsora para o Raban dos últimos anos, implicado coa súa contorna dunha forma máis comprometida. Unha viraxe cara a unha non ficción experimental indisolublemente ligada á súa práctica dos comezos, nunha evolución que conserva a coherencia á vez que se move, imparable, acorde ao mundo que o rodea.

 

Broadwalk (1972, vídeo, 12 min)

Angles of Incidence (1973, 16 mm, 10 min)

About Now MMX (2010, vídeo, 27 min)

Time and the Wave (2013, vídeo, 15 min)

Available Light (2016, vídeo, 9 min)

 

22.45 h - Fundación Luis Seoane – Patio

DESBORDAMIENTOS - JACQUES PERCONTE

Extension Sauvage

Performance con sonorización en vivo por Eddie Ladoire.

 

Esta performance nace como froito da colaboración entre o artista Jacques Perconte e un dos músicos pioneiros en techno, o americano Jeff Mills. O proxecto parte dunhas filmacións de Perconte na illa de Madeira (Portugal), unha investigación en torno á cor e a paisaxe. Na performance, Perconte explora profundamente, a partir da paisaxe, as posibilidades plásticas da propia materia dixital, buscando nela o orixinario da imaxe. Jeff Mills, apaixonado da ciencia ficción, parte da vasta paleta cromática ofrecida polo francés e investiga no plano acústico as correlacións mediante as cales xerar diálogos entre píxeles, cores e paisaxes, con sintetizadores, caixas de ritmo e tocadiscos. O resultado é unha performance experiencial xenuína que combina a abstracción absoluta —onde priman as cores acedas e texturas complexas envoltas en sons atmosféricos— con imaxes recoñecibles da illa de Madeira. Esta nova colaboración con Eddie Ladoire proporciona unha nova experiencia electroacústica única, que leva a performance a outra dimensión.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión