AVISO! * Debido ás novas restricións marcadas pola Xunta (toque de queda desde as 22.00 h) e ata novo aviso axustamos os nosos horarios de proxección xoves e venres ás 20.00 h e sábado ás 17.15 h e 20.00 h.
Para público en xeral
Dende o 18/02/2021 ata o 27/02/2021
Xa rematou
* xoves e venres ás 20.00 h
* sábados 17.15 e 20.00 h
* Pídese puntualidade, unha vez que comecen as proxeccións non se permitirá acceder á sala.
Xoves, venres e sábado ás 20.00 h: 3,00 € (carné xove +65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 €)
Sábado ás 17.15 h (sesión do/a espectador/a): prezo único 1,50 €
**É imprescindible presentar o documento que acredita o desconto no momento de mercar a entrada e de acceder á sala de cinema.
Será de OBRIGADO cumprimento:
• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).
• Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.
• O uso da butaca asignada polo persoal da sala. Non está permitido o desprazamento, salvo que o persoal da sala o autorice.
• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.
• Respectar a sinalización.
• Seguir en todo momento as indicacións do persoal da sala.
RECOMÉNDASE:
• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.
• Actuar con responsabilidade.
Instituto Municipal Coruña Espectáculos
forum@coruna.es
18, 19 e 20 de febreiro de 2021
CHAPPAQUIDDICK (O ESCÁNDALO TED KENNEDY) de John Curran
Con Jason Clarke e Kate Mara
Estados Unidos 2017, 107 min - VOS en castelán
Non recomendada para menores de 12 anos
25, 26 e 27 de xaneiro de 2021
GLORIA MUNDI, de Robert Guédiguian
Con Gérard Meylan e Robinson Stévenin
Francia, 107 min -2019
Non recomendada para menores de 16 anos
VENDA DE LOCALIDADES
Venda en liña: corunacultura.sacatuentrada.es
Venda telefónica: 662 867 109
Venda no despacho de billetes do Fórum: media hora antes de cada pase (sempre que queden localidades dispoñibles)
Venda no despacho central da praza de Ourense: de luns a xoves de 10.00 h a 14.00 h e de 15.00 h a 18.00 h e venres de 10.00 h a 15.00 h (agás festivos)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible