Ciclo de cinema e natureza para o mes de novembro.
Para público en xeral
Dende o 04/11/2021 ata o 27/11/2021
Xa rematou
Xoves e venres: 20.00 h
Sábados: 17.30 e 20.00 h
Prezo: 3,00 €
Descontos carné xove, + 65 anos e persoas desempregadas: 2,00 €
Sesión do/a espectador/a: sábado ás 17.30 h prezo único 1,50 euros
Para que se apliquen os descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de adquirir a entrada no despacho de billetes e no acceso á sala na que terá lugar a proxección.
- Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que se atopen en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.
- Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto e realizarase o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.
- En todo momento, tanto na agarda, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:
- Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada.
RECOMÉNDASE:
Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.
Actuar con responsabilidade.
IMCE
forum@coruna.gal
4-5-6 novembro - Benzinho (Sempre juntos), de Gustavo Pizzi
Brasil - Ano 2018 - 95 min - VOS en castelán
Con: MKarine Teles e Otávio Muller
Non recomendada para menores de 7 anos
11-12-13 novembro - Zama, de Lucrecia Martel
Arxentina - Ano 2017 - 115 min - VO en castelán
Con: Daniel Giménez Cacho e Matheus Nachtergaele
Non recomendada para menores de 12 anos
18-19-20 novembro - "Las herederas", de Marcelo Martinessi
Paraguai - Ano 2018 - 98 min - VO en castelán
Con: Ana Brun e Margarita Irún
Non recomendada para menores de 7 anos
25-26-27 novembro - O Lobo Atrás da Porta, de Fernando Coimbra
Brasil - Ano 2013 - 100 min - VOS en castelán
Con: Milhem Cortaz e Leandra Leal
Non recomendada para menores de 16 anos
VENDA DE LOCALIDADES
Actividades relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible