Ao fío dunha sociedade individualista e materialista, Código Azul proponse expoñer en forma de comedia negra un espectáculo que poña o espello sobre as situacións cotiás que nos corrompen.
Para público en xeral
21/09/2024
Xa rematou
20.30 h
80 min
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
9,00 €
Carné Xove, maiores 65 anos e persoas desempregadas: 7,00 €
** Para que se apliquen os descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de mercar a entrada e no acceso ao lugar onde terá lugar o espectáculo.
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
RECOMÉNDASE:
Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)
forummetropolitano@coruna.es
Leo e Brais, dous empresarios da óptica Tolóptica, asisten á 24.ª convención de Tolóptica, na que van entregar os premios ao mellor vendedor de primeira clase da empresa, entre outros. Leo é un axente distribuidor nato, puntual, pulcro e minucioso pero ao mesmo tempo moi egocéntrico, mentres que Brais é máis despreocupado, tranquilo e sinxelo, un home que contaxia unha actitude riseira e empática alá por onde pasa. Leo chega con moita antelación ao evento e toma medidas do escenario para facerse unha idea de como se vai levar a cabo a gala. Brais, atraído pola curiosidade das accións de Leo, decide acompañalo durante o evento.
Dirección: Xosé Leis
Elenco: Martín Espantoso, Marcos Fernández e Laura Estelo
Compañía: Código Azul
Duración: 80 minutos
Espectáculo en galego
VENDA DE ENTRADAS:
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible