Asociación DeMaior Crea
Para público en xeral
07/11/2025
Xa rematou
20.00 h
95 min
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Entrada libre ata completar o aforamento da sala
NORMAS DE ACCESO Ao RECINTO
Rógase puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala nin se garante se se abandona a sala durante o espectáculo.
Ao acceder ao teatro poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo política de descontos.
Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.
Non se permite o consumo de alimentos ou bebidas na sala.
Non está permitido gravar ou fotografar os espectáculos.
Apaguen os móbiles antes de que comece a representación. O seu son e luz molestan a público e artistas.
O teatro ten reservado o dereito de admisión
Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ao teatro teñen que contar con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.
Os cochecitos e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do teatro daralle indicacións.
Recomendamos consultar a sinopse e idades recomendadas dos espectáculos xa que non todas as persoas gozan do mesmo xeito.
Garde as súas localidades durante a representación; poderán ser requiridas polo responsable da sala.
A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.
RECOMÉNDASE:
Seguir as instrucións do persoal de sala
Actuar con responsabilidade.
Asociación DeMaior Crea
forummetropolitano@coruna.gal
Éa Asociación DeMaior Crea unha entidade, sen ánimo de lucro, que ten por obxectivo social, promover a creación e desenvolvemento de proxectos que permitan contar historias: persoais, históricas, divulgativas, de ficción, etc. E iso, en formato audiovisual, teatral, fotográfico, narrativo,
O Canteiro é o grupo de Teatro da Asociación, está formado, neste momento, por 22 persoas entre directores, rexedores, técnicos, administradores e persoal artístico.
A Taberna do Nubeiro é o espectáculo que representarán no Auditorio de Forum o 7 de novembro de 2025.
Unha comedia hilarante, de contido costumista, con diálogos e situacións cheas de humor e retranca. É unha obra "branca", no sentido de que é apta para todos os públicos. Unha loa á nosa terra e á esencia dos homes e mulleres galegas. A tradición, os costumes, a mitoloxía, os refráns, a retranca, son os temas sobre os que se desenvolve a obra. A trama transcorre nun pobo galego imaxinario "Brétema", concretamente nunha taberna, "O Nubeiro", onde o espectador presencia situacións e diálogos nos que se abordan cuestións tan presentes nas nosas vidas e cultura como: lendas, crenzas populares, devanditos e refráns, a presenza de personaxes estereotipados como un alcalde singular, un párroco moi particular, un tabernero con moita graza, un funcionario moi moi vago, unha doutora que ten que lidar coas persoas hipocondríacas á vez que é suxeito dos amores dun profesor moi especial. A directora da oficina bancaria, dúas viúvas moi particulares, un par de irmás, unha delas "la meiga" do pobo , e a esposa dun eminente político que visita o pobo moitos anos despois de abandonalo, son os protagonistas desta comedia.
Personaxes que representan de maneira esaxerada moitos dos estereotipos cos que se asocian a moitos dos galegos, galegas. Unha forma de teatro esperpéntico, ao estilo, salvando as distancias, de Val Inclán.
Unha adecuada posta en escena na que se combina teatro, ao estilo tradicional, con pequenas intervencións cantadas, interacción co público, e mesmo a presenza (simulada) de dúas persoas da realeza, outórganlle a esta obra un formato novo e sorprendente.
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible