Ciclo de espectáculos dirixidos a público adulto que reúne propostas escénicas contemporáneas.
Para público en xeral
Dende o 18/09/2026 ata o 28/11/2026
20.30 h
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Prezo: 9,00 €
Carné Xove, maiores de 65 anos, persoas desempregadas, familia numerosa, persoas con certificado de discapacidade e 1 acompañante: 7,00 €
* A aplicación de descontos debe acreditarse no momento de comprar a entrada e no momento de acceder ao auditorio no que terá lugar o espectáculo.
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
Rógase puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala nin se garante se se abandona a sala durante o espectáculo.
Todas as persoas que accedan ao auditorio deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan e de ocupar ou non butaca.
Non está permitido comer na sala. Non está permitido entrar no auditorio con comida nin bebida (excepto auga)
Non está permitido sacar fotos nin gravar durante a función
Apaguen os móbiles antes que comece a representación. O son e a luz molestan ao resto do público e aos artistas
Co obxectivo de cumprir a normativa de evacuación, non se permitirá o acceso á sala aos coches de bebés, que se deberán deixar nos lugares habilitados para iso
Recoméndase consultar as idades dos espectáculos. En calquera caso as/os menores deben estar acompañadas/acompañados por unha persoa adulta
Polas súas características especiais, algún dos espectáculos pode ter capacidade reducida
Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)
forummetropolitano@coruna.gal
18 setembro
LUBBERT
Autoría, dirección, elenco: Inda Pereda
Compañia: Inda Pereda
Público: + 15 anos
Duración: 60 minutos
Espectáculo en castelán
9 outubro
XOGUETES ROTOS
Autoría: Carolina Romá (adaptación de Roberto Pascual)
Compañía: coprodución de e. Barrosanta ButacaZero
Dirección: Xavier Castiñeira
Elenco: Anxo Outumuro, Dani Lago
Público: + 14 anos
Duración: 70 minutos
Espectáculo en galego
31 outubro
VITÓRIA
Compañía: Iria Pinheiro
Dirección colectiva
Elenco: Vitoria Pérez, Iria Pinheiro, Salva del Río
Público: + 12 anos
Duración: 75 minutos
Espectáculo en galego
6 novembro
A FORTALEZA
Autoría: A Feroz
Compañía: A Feroz
Dirección: Raquel S.
Elenco: Aurora Marco, Bea Romeu, Inés Salvado Gontad, Gustavo Freire, Lorena Conde, Mariana Leite Soares
Duración: 80 minutos
Espectáculo en galego
20-21 novembro
MIÑA CASIÑA, MEU LAR
Compañía: Laboratorio Escénico
Autoría: Carmen Cotelo e intérpretes
Elenco: Manuela Varela, Uxía Algarra, Juan Carlos Hernández, Alberte Belo, Carmen Cotelo
Público: + 12 anos
Duración: 60 minutos
Espectáculo en galego
28 novembro
CABARET ENXEBRE
Compañía: Dar Trela Teatro
Autoría: Dar Trela Teatro
Elenco: Darío, Angie, Rubén, Aurora, Rita, Rosa, Otero, Vanesa, Chus, Belén, Xavi, Clara e Chicho
Público: + 16 anos
Duración: 80 minutos
Espectáculo en galego
VENDA DE ENTRADAS:
- Pza. de Ourense, de luns a venres (excepto festivos) de 11.00 h a 15.00 h e de 16.30 h a 19.30 h
- Despacho de billetes do Forum Metropolitano: día de función desde 1 hora antes, a condición de que queden entradas dispoñibles.
- Venda en liña: www.ataquilla.com
Entidades
Actividades relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible