32m2 de ButacaZero é unha comedia negra -poética e absurda- sobre o confinamento que vivimos este ano, e que se estreará no 2021 como aniversario do inicio do estado de alarma (14 de marzo de 2020)
Para público en xeral
14/05/2021
Xa rematou
Entradas esgotadas
20.30 horas
80 min
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
9,00 € (carné xove, +65 anos, persoas desempregadas: 7,00 €)
* Para a aplicación dos descontos é preciso presentar o documento que acredita o desconto no momento de mercar a entrada e de acceder ao espazo no que terá lugar o espectáculo
Será de OBRIGADO cumprimento:
• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).
• Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.
• O uso da butaca asignada polo persoal da sala. Non está permitido o desprazamento, salvo que o persoal da sala o autorice.
• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.
• Respectar a sinalización.
• Seguir en todo momento as indicacións do persoal da sala.
RECOMÉNDASE:
• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.
• Actuar con responsabilidade.
Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)
forum@coruna.es
A poética da peza, e a dun humor tan absurdo como popular, xerando pensamento sobre as normas e normativas e a nosa dificultade para o cambio e o novo concepto de liberdade alcanzado neste mundo de HiperMiedo. A idea do proxecto ten que ver tamén cunha reflexión ao rededor dos nosos proxectos e modos de produción, tentando reverter as dinámicas que nos fan máis precarias, menos efectivas e tamén máis pobres creativamente.
Xan e Mar quedan confinados no seu pequeno apartamento por culpa dun virus. Estan atopando entre crise e crise cosas boas e fermosas: a felicidade das pequenas cousas que non adoita aparecen o a antiga normalidade.
O caso é que pouco a pcoo imos vendo como esta felicidade esconde moita merda debaixo das alfombras. Unha merda que, como o virus, comeza a expandirse. Non hai traballo, e sen o non hai diñeiro, sen diñeiro non hai comida, nin cervexa nin papel hixiénico. Por se fose pouco as veciñas cortaron o internet. E entón, soa o teléfono. O de sempre, o de antes, o antigo. o que xa ninguén se acordaba de ter. Como a bicicleta estática, como a vella normalidade. E todo cambia.
Compañía: ButacaZero
Idioma: galego
Intérpretes: Xurxo Cortázar e Nuria Montero
Autoría: Esther F.Carrodeguas
Dirección: Xavier Castiñeira e Esther F.Carrodeguas
Adaptación- Escenografía: Beatriz de Veiga
Deseño de son e música: Rodrigo Cuevas
Deseño iluminación: Beatriz de Veiga
Coreografía: Alba Branco
VENDA DE LOCALIDADES
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible