Ragazzo é unha oda á xuventude e á liberdade, un grito á vida, á dignificación das historias persoais: unha reivindicación da memoria colectiva e da historia que os donos do mundo nunca escribirán para nós. A reivindicativa obra sobre un activista italiano asasinado nunha manifestación contra o Cume do G8.
Xuvenil, Para público en xeral
17/03/2023
Xa rematou
21:00 h
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
ENTRADA: 9,00 €; descontos (Carné Xove, maiores de 65 e persoas desempregadas): 7,00 €
Cousas que debes saber antes de virnos ver:
- Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que empece a función.
- Todas as persoas que accedan ao auditorio do Fórum deben facelo con entrada.
- Non está permitido entrar á sala con comida nin bebida.
- Non está permitido sacar fotos nin gravar durante a función.
- Polas súas especiais características, algún dos espectáculos poden ter capacidade reducida.
E DESPOIS DO ESPECTÁCULO
Se che gustou, compárteo nas redes sociais ou deixándonos un comentario no noso correo forum@coruna.es
IMCE
forum@coruna.gal
Europa, verán do 2001. A cidade de Ragazzo vive a restrición de dereitos máis grande que lembra o continente dende a Segunda Guerra Mundial: fronteiras pechadas, manifestacións prohibidas, ata tender a roupa nos balcóns... Detencións, identificacións, rexistros, 30.000 axentes percorren as rúas e protexen os líderes do G8 na súa xuntanza.
Ragazzo, pese a isto, pasa o verán na cidade, nun garaxe que okupou e acondicionou como o seu fogar durmindo dentro do coche e cociñando no seu motor. Está de vacacións: ten tempo para ir a concertos, ler e escribir, cociñar, e incluso de namorarse... e por suposto de participar nas asembleas sociais, instaladas no estadio da cidade para facer fronte ao modelo de globalización imposto, soñando un novo mundo posible.
Pero o seu destino quedará marcado cando tome a decisión de quedarse na columna dos desobedientes, que se propuxo a acción pacífica de violar o confinamento da zona restrinxida aos amos do planeta.
FICHA ARTÍSTICA
Intérprete: Anxo Outumuro
Autoría: Lali Álvarez
Dirección: Xavier Castiñeira
Adaptación: Anxo Outumuro
Escenografía e iluminación: Violeta Martínez
Vestiario: Acontravento
Duración: 75 minutos
Idioma: en galego
Especialmente recomendada para público xuvenil
Obra premiada con dous Premios da Crítica (revelación e espectáculo para a xuventude), co Premio da Crítica SERRA D'OR e o Premio do Público no F.I. Huesca.
VENDA DE BILLETES
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible