Deadpan, que en inglés significa “cara morta, baleira de expresión, imperturbable”, Karaoke, do xaponés kara (baleiro) e oke (orquestra).
Para público en xeral
16/02/2024
Xa rematou
21.00 h
75 min
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
9,00 €.
Carné Xove, maiores 65 anos, persoas desempregadas: 7,00 €
*O desconto aplicarase previa presentación do documento que acredite o desconto
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas
• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida excepto auga
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o espectáculo sen a autorización da organización
• Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)
forummetropolitano@coruna.es
Deadpan Karaoke é un espectáculo unipersoal de carácter participativo que propón como ingredientes principais o absurdo, a estupidez, a sorpresa, a comedia, a música e o cinema, e que trata de dar resposta á pregunta: É posible o amor nesta sociedade tardocapitalista na que vivimos? Deadpan é un personaxe incapaz de sentir e expresar emocións. A través das súas accións e grazas á contextualización delas dentro dun karaoke, consegue facer accesibles e divertidos para o gran público cuestións e dilemas que ocupan aos grandes pensadores contemporáneos.
Dirección: Patricia Rodríguez
Actriz: Marián Bañobre
Compañía: Ibuprofeno Teatro
Duración: 75 minutos
Espectáculo en galego
VENDA DE ENTRADAS:
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible