Concello da Coruña

Concello da Coruña

SEN NUMERAR Primavera 2026 - "Cámara escura", de José Luis Baños de Cos

Que pasa cando unha adolescente de dezaseis anos comparte unha foto íntima co seu crush nun contexto social como o que estamos a vivir?

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

30/01/2026

Horario:

20.30 h

Duración:

60 min

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

9,00 €.

Carné Xove, maiores 65 anos e persoas desempregadas: 7,00 €

** Para que se apliquen os descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de mercar a entrada e no acceso ao lugar onde terá lugar o espectáculo.

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

  • Pídese puntualidade. Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala nin se garante se se abandona a sala durante o espectáculo.
  • Ao acceder ao teatro poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo a política de descontos.
  • Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.
  • Non se permite consumir alimentos nin bebidas na sala (excepto auga).
  • Non está permitido gravar ou fotografar os espectáculos.
  • Apaguen os móbiles antes de que comece a representación. O seu son e a luz molestan o público e artistas.
  • O teatro ten reservado o dereito de admisión.
  • Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ao teatro teñen que contar con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.
  • Os cochiños e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do teatro daralles indicacións.
  • Recomendamos consultar a sinopse e as idades recomendadas dos espectáculos xa que non todas as persoas gozan do mesmo xeito.
  • Garde as súas localidades durante a representación; poderán ser requiridas polo persoal responsable da sala.
  • A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

  • Seguir as instrucións do persoal da sala.
  • Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.es

Alicia está namorada.

Alicia faise un selfie.

Alicia presiona enviar.

Do outro lado do móbil, alguén reenvía, e reenvía, e reenvía.

Os chats tolean. Unha avalancha de mensaxes, de vexacións, de insultos, de censura.

Nun mundo eterno como é a rede, cal é a solución para recuperar a intimidade perdida tendo en conta que, cada ano que pasa, as xeracións están expostas a crecer sen a madurez suficiente para empregar un novo apéndice chamado teléfono?

Cámara escura fala das vítimas de ciberacoso que se ven conducidas cara a un buraco negro de desprezo e dor. Trata das persoas culpables que, agresión tras agresión, van construíndo un perigoso perfil de cara ao futuro. Cámara escura diserta sobre esas nais e pais que ven, con absoluta impotencia, rotas/os as súas fillas e os seus fillos.

A través de Alicia, esa moza dividida en dúas voces internas, podemos asomarnos á realidade que sofren cada día máis adolescentes a nivel mundial.

Autoría: José Luis Baños de Cos

Dirección: Sara Rey Seoane

Elenco: Andrea Blanco Dios, Ana San Fernando, Marcos Grandal Tojeiro

Compañía: Vórtice Escénico

Duración: 60 minutos

Público: a partir de 12 anos

Espectáculo en galego

VENDA DE ENTRADAS:

  • Despacho de billetes da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres, das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h
  • Despacho de billetes do Fórum Metropolitano: dende unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)
  • ataquilla.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión