Concello da Coruña

Concello da Coruña

"Señoras y señoras"

"Señoras y señoras" é un show pop feminista que pon o foco, con desenfado e moito sentido do humor, nas mulleres nadas nos anos 60, unha xeración única que derrubou os esquemas deseñados para elas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

29/05/2026

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

Platea: 20,50 €

Palcos centrais / laterais: 18,50 €

Principal: 15,50 €

1.ª fila de principal (visibilidade reducida): 13,50 €

* Desconto do 20% para Carné Xove, maiores de 65 anos e persoas desempregadas

* Desconto do 25% para familia numerosa

** Para que se apliquen os descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de mercar a entrada e no acceso ao lugar onde terá lugar o espectáculo.

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

  • Pídese puntualidade. Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala nin se garante se se abandona a sala durante o espectáculo.
  • Ao acceder ao teatro poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo a política de descontos.
  • Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.
  • Non se permite consumir alimentos nin bebidas na sala (excepto auga).
  • Non está permitido gravar ou fotografar os espectáculos.
  • Apaguen os móbiles antes de que comece a representación. O seu son e a luz molestan o público e artistas.
  • O teatro ten reservado o dereito de admisión.
  • Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ao teatro teñen que contar con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.
  • Os cochiños e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do teatro daralles indicacións.
  • Recomendamos consultar a sinopse e as idades recomendadas dos espectáculos xa que non todas as persoas gozan do mesmo xeito.
  • Garde as súas localidades durante a representación; poderán ser requiridas polo persoal responsable da sala.
  • A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

  • Seguir as instrucións do persoal da sala.
  • Actuar con responsabilidade.

Contacto:

teatrocolon@coruna.gal

Conducido polas xornalistas María Guerra e Mariola Cubells, e baseado no libro Mejor que nunca desta última, a obra combina as súas historias persoais con reflexións universais para narrar a transformación íntima e social dunha xeración da que pouco se falou e celebrar o seu papel revolucionario na historia recente.

VENDA DE ENTRADAS:

  • Despacho de billetes da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres, das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h
  • Despacho de billetes do Teatro Colón: dende dúas horas antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)
  • ataquilla.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión