Concello da Coruña

Concello da Coruña

Sergio Dalma "Sonríe porque estás en la foto"

Volve un dos artistas imprescindibles para o panorama musical nacional. Volve Sergio Dalma. E faino cun novo álbum inédito titulado ‘Sonríe porque estás en la foto’.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

20/04/2024

Xa rematou

Horario:

21.00 h

Enderezo:

Palacio da Ópera da Coruña . Glorieta de América s/n. 15004 A Coruña

Prezo:

55,00 € / 50,00 € / 45,00 / 40,00 € segundo a zona

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

Cavea Producciones

Un novo disco co que o artista celebra con vitalidade e alegría a súa impresionante traxectoria musical. Sergio quixo transmitir nas súas novas cancións o vitalismo e actitude que o caracterizan nesta época da súa vida. O resultado é un son fresco e certamente oitenteiro, tremendamente pegadizo, rexistro co que Dalma se sente moi cómodo, pero sen perder o "estilo Dalma" das grandes baladas que o caracterizan.

Os temas do seu novo traballo e os que o acompañaron durante todos estes anos compoñerán o repertorio dos concertos da súa xira "Sonríe porque estás en la foto". Todo iso para celebrar a traxectoria dun artista que, tras trinta e catro anos de carreira, continúa sorrindo e "estando na foto".

Non perdas este marabilloso percorrido que Sergio Dalma che regalará no seu directo, co que bailarás, te emocionarás e sobre todo sorrirás.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Palacio da Ópera: unicamente os días de concerto no seu horario habitual
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión