CONFÍRMANSE AS NOVAS DATAS PARA A XIRA DE SHAKIRA "EL DORADO WORLD TOUR"
Para público en xeral
01/07/2018
Xa rematou
Live Nation confirma que a xira de SHAKIRA El Dorado World Tour renóvase en 2018, finalmente terá paso pola nosa cidade o día 1 de xullo.
En relación ás entradas adquiridas previamente para os concertos dos días, 17 de novembro en Bilbao, 19 de novembro en Madrid, 23 de novembro na Coruña, 25 e 26 de novembro en Barcelona, serán válidas para as novas datas. Desde hoxe e ata o 17 de xaneiro de 2018, a devolución das entradas estará dispoñible a través dos puntos de venda oficiais no que foron adquiridas.
Foron momentos difíciles para Shakira pero está en camiño de recuperar a súa voz por completo e comprácenos anunciar as novas datas en España.
Os doutores de Shakira diagnosticaron que necesita pasar os próximos meses traballando na recuperación das súas cordas vocais para que estean en condicións óptimas para a xira.
Aínda que está decepcionada por non poder presentarse en xaneiro como estaba programado, Shakira está contenta de poder volver aos escenarios no verán co seu mellor show ata a data, e mantense incriblemente agradecida pola lealdade, paciencia e apoio que os seus fans lle mostraron.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible