Concello da Coruña

Concello da Coruña

Starred up (Convicto) de David Mackenzie

CONVICTO (STARRED UP) narra a historia do ultraviolento mozo de 19 anos Eric Love.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 06/09/2018 ata o 08/09/2018

Xa rematou

Horario:

Xoves 20:15, venres 20:15, sábados 17:15 e 20:15 h

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

*Sesión inaugural de tempada, xoves 6 de setembro entrada con convite ( en despacho de billetes desde media hora antes do pase)

3,00 euros (carné xove +65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 euros)

Sesión das persoas espectadoras: sábado ás 17:15 h. Prezo único: 1,50 euros

Contacto:

Tel.: 981 184 293

Documentos:

Programa completo en castelán (2 MB)

Programa completo en galego (2 MB)

Transferido prematuramente desde o correccional ao cárcere para adultos, debido ao seu conflitivo comportamento, Eric descobre que na prisión que o acollerá desde agora está tamén cumprindo condena o seu pai, Neville (Ben Mendelsohn), a quen non vía desde que era un neno.

O temperamento explosivo do mozo axiña lle ocasiona inimigos, tanto entre os funcionarios da prisión como entre os propios presos, e só conta coa axuda de Oliver (Rupert Friend), un psicoterapeuta voluntario que está a cargo dun grupo de terapia para que os presos controlen a súa ira. Eric vese sen saída ante a corrupción dalgúns dos funcionarios cos presos que controlan as normas do lugar, e acabará tendo que loitar para salvar a súa propia vida.

A pesar de que a relación co seu pai atravesa momentos de gran tensión, descubrirá que pode contar con el para protexérense mutuamente, e xuntos establecerán a relación que nunca tiveron cando estaban en liberdade.

De David Mackenzie

Con: Jack O´Connell e Ben Mendelsohn

Reino Unido, 2013 - 100 min (VOS en castelán)

Formato: DVD

Non recomendada para menores de 18 anos

VENDA DE ENTRADAS

Media hora antes de cada función (só se quedan entradas dispoñibles)

VENDA ANTICIPADA

En conserxería, de luns a venres de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h; sábados de 10.00 a 13.00 h

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión